AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios)

“Un reporteiro galego comprometido é algo máis que unha imaxe ou un milleiro de palabras.

É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza”.

Leila

Coñecimos á súa nai ó pouco de chegar a Tánxer. Apenas levabamos 24 horas en Marrocos cando visitamos a asociación 100% Mamá. Un grupo de cinco reporteiros, membros de Agareso, impacientes por comeza-lo noso primeiro proxecto internacional de xornalismo social. A asociación é un espazo de liberdade onde as nais solteiras poden agarda-la chegada dos seus fillos e coidalos cando nacen, lonxe de miradas inquisitorias e de reproches.

Máis reportaxes de AGARESO


" Prefiro morrer defendendo a miña terra que vivir baixo a represión"

Bendir Hadya é un soldado na reserva. Loitou coa Fronte Polisario desde o ano 1978 e, desde o alto á lume, traballa como condutor-guía para o Goberno saharauí á espera de retomar as armas como único camiño para recuperar o seu territorio. Co muro construído polas marroquís como telón de fondo, contextualiza o conflito saharauí na fronteira entre ambos territorios.

Máis entrevistas de AGARESO


Achégate á cooperación galega 2008

Máis campañas solidarias


ONG´s e Contrapartes análizan a sua labor no I Foro de Solidaridade e Cooperación de AGARESO

O primeiro fin de semana de outubro celebrase a Primeiro Foro de Solidaridade e Cooperación, no Centro de Vacacions de A Lanzada, organizada polos Reporteiros Galegos Solidarios. O foro é un encontro de un amplo número de membros de AGARESO. Se realizarán talleres de traballo, asi como a planificación dos proxectos do grupo para o presente ano e o vindeiro 2009.

Máis propostas de ocio solidario


AGARESO en Marrocos

por Reporteiros de AGARESO

Máis blogs


A espera

O fotografo social Gabriel Tizón percorreu ou pasado Agosto Guinea Bissau. A imaxen foi tomada nun cemiterio en plena época de cólera, enfermidade que a mata a moita xente cada día, sobre todo nenos e ancians. Esta denuncia gráfica e uns elementos mais que simbólicos da situación que pode estenderse a numerosos países de Africa. O problema é tan grave que ou Fondo das Nacions Unidas para a Infancia (UNICEF) aumentou esforzos por controlar un virulento brote de cólera que provocou a morte de ao menos 96 persoas nos últimos catro meses. Só na primeria semana de setembro, se reportaron 300 casos novos de cólera no mecionado país.

Máis fotos de AGARESO


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

O primeiro proxecto internacional de AGARESO, protagonista dunha reportaxe na Televisión de Galicia

O traballo realizado pola expedición de reporteiros de AGARESO que o pasado mes de agosto viaxou a Tánxer (Marrocos) para a elaboración dunha reportaxe e unha exposición sobre a situación da muller nese país africano, foi o protagonista dunha reportaxe emitida este sábado no programa "A Revista" da Televisión de Galicia. É un aperitivo do extenso material que se trouxeron Carlos Fariña, Teresa del Río, Juan de Sola, Roi Palmás e Miguel Núñez e que verá a luz nos vindeiros meses.

Máis vídeos no Canal 0,7% TV Solidaria


O sacrificio dunha medalla nas paraolimpiadas a precio de saldo

A Confederación Galega de Minusvalidos (Cogami) pechou filas entorno o nadador paraolímpico, Pablo Cimadevila, en relación a misiva remitida ós medios de comunicación na que expresaba unha forte crítica polo valor que concede a Federación Española as medallas conqueridas nas paraolimpiadas de Pekín. Na mesma carta, facía un contundente ataque a política dos medios na cobertura do evento deportivo, así como a pouco recoñecemento social que un deportista discapacitado recibe da sociedade galega.

Máis audios na Radio á carta



Lalín celebra en Bos Aires o centenario da creación do centro galego co nome do hotel na Arxentina

Unha representación do Concello de Lalín (Pontevedra), encabezada polo alcalde, Xosé Crespo, viaxarán entre o 1 e o 6 de outubro á cidade argentina de Bos Aires para conmemorar o centenario do centro 'Fillos do Partido en Lalín' e o 20 aniversario do hermanamiento coa cidade de Chascomús.

A Xunta destina case 70.000 euros á colaboración en programas agrícolas de reinserción de toxicómanos

A Consellería de Medio Rural destinou no 2008 un total de 68.000 euros ao financiamiento de diversas liñas de formación do programa educativo terapéutico 'Proxecto Home Galicia', da asociación co mesmo nome, co fin de axudar a persoas dependentes das drogas a través de actividades relacionadas co medio rural.

Máis novas de Galicia

Alianza Contra a Pobreza denuncia que o 0,7% e as axudas non son suficientes

A pesar de que o Goberno español vai ben encamiñado para lograr o seu obxectivo de destinar o 0,7 por cento do PIB ao desenvolvemento humano no 2012 e de que se comprometeu durante a Asemblea Xeral de Nacións Unidas a aumentar as axudas oficiais ao desenvolvemento (AOD), a Alianza Mundial Contra a Pobreza denunciou este venres que España non abordou os mecanismos de débeda externa e que mantén unha gran cantidade de subsidios comerciais, dúas barreiras que impiden reducir a pobreza no mundo.

Manifestación contra a pobreza o 17 de outubro en toda España

A plataforma Alianza Española Contra a Pobreza convocou a todos os cidadáns españois a unha manifestación o próximo 17 de outubro para reivindicar maiores esforzos na loita contra a pobreza baixo o lema "unha promesa non é nada".

Máis novas de España

Expertos lamentan que o tratamento informativo da infancia prescinda de "a voz dos nenos" en Iberoamérica

O editor do programa 'Xornalismo Social', Adrián Arden, cuestionou o feito de que os medios latinoamericanos non teñan en conta "a voz dos nenos" á hora de elaborar información relacionada cos menores. "Hai que dar un maior protagonismo ós nenos e escoitar fontes diferentes", recomendou no marco da súa participación no II Encontro Internacional Proniño organizado pola Fundación Telefónica en Lima (Perú).

Irán duplica o número de policías que vixían ás mulleres para que cumpran as normas do vestir

Irán duplicou o número de policías asignados ás operacións de represión contra as mulleres que desobedecen as normas de vestimenta do Islam, segundo informou o xornal local 'Kargozaran' e constatou Reuters nas declaracións dun policía, segundo o cal as autoridades están decididas a continuar coa campaña máis longa de medidas drásticas que se levou a cabo nos últimos contra o "comportamento inmoral".

Máis novas internacionais


Volver arriba