AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios)

Radio de A Lama: “Unha xanela máis aberta á sociedade”

 

A nova emisora do centro penitenciario, promovida por Agareso e a Fundación Barrie de la Maza, foi inaugurada oficialmente polo subdelegado do Goberno, Delfín Fernández.

 

 

Só faltaban uns minutos para as cinco da tarde e a tensión xa sentía no ambiente. Os cinco reclusos que integran o equipo de redacción e producción desta nova emisora “A Radio” esperaban impacientes a chegada do subdelegado do Goberno, Delfín Fernández, e do director da prisión, Juan Antonio Gómez Novoa. E tamén, como non podía ser doutra maneira, a dos membros de Agareso, que acudimos ata alí para arroupalos nun día tan especial.

A atmósfera relaxouse coa chegada dos invitados. O subdelegado do Goberno, acompañado polo director do centro penitenciario, chegou ao estudio de radio e despois de saudar a tódolos alí presentes, sentouse ante o micro para responder as preguntas dun dos internos. A evolución das prisións, a crisis, a función do seu cargo, e incluso os seus propios gustos musicais foron algunhas das premisas que lle plantearon a Delfín Fernández. Nun estudio máis cheo do habitual, pola presencia de diferentes medios de comunicación, o subdelegado amosou unha gran satisfacción por ser invitado á inauguración dunha grande iniciativa, como é esta emisora “que fai que as vidas dos presos sexan máis dignas”, afirmou.
Ao seu carón, o director Juan Antonio Gómez, orgulloso do esforzo adicado a por en marcha a emisora, tanto por parte de Agareso como da Fundación Barrié de la Maza, asegurou que “é unha
xanela máis aberta á sociedade. A prisión de A Lama intenta que no exterior se coñeza a realidade das cárceres”.

Ileana Gheorge, Paco Merchán, Raúl Seisdedos, Iván Aluja y Toni Dacuña son os cinco internos que dende os micros deste estudio de radio tentarán entreter e informar aos seus compañeiros. De momento o seu programa estrela é “Al son de la cárcel”, que se emite polas mañás, entre as 10 e as 12.45 horas. Trátase dun magazine no que se ofrecen as novas máis destacadas do día, acompañadas de grandes doses de humor. “Tentamos facelo ameno e divertido, para que os nosos compañeiros se rían” explica Merchán.
Para Toni, o máis veterano neste medio e o encargado do control da emisora, a “radio ten un grande valor”.

Esta nova canle de comunicación, que emite dende o 88.0 da FM para todo o centro peninteciario, 1.650 reclusos e os funcionarios, e a localidade de A Lama, xa se pode escoitar de maneira continuada, as 24 horas do día. Na súa parrilla de programación tamén hai cabida para as tertulias semanais que dende dous anos ven realizando Agareso na cárcere. Agora poderán escoitarse en “A Radio” tódolos xoves a partir das seis da tarde.

No xérmolo desta emisora, Agareso ten un especial protagonismo. Dende hai case un ano, un grupo de xornalistas da ONG Reporteiros Galegos Solidarios imparten obradoiros de formación sobre a radio aos internos. Nas clases, os alumnos adquiren nocións de locución, programación e contidos, e aprenden a diferenciar os xéneros radiofónicos. Tamén foi esencial para facer realidad esta iniciativa o apoio económico da Fundación Pedro Barrié de la Maza para dotar da tecnoloxía básica á emisora “A Radio”. 

 

 


REPORTAXES ANTERIORES

AGARESO EN CHERNÓBIL

Alas Solidarias, un exemplo da solidaridade das ONGs españolas na crise de Haití

Experimentar a discapacidade

A educación: un reto na Guinea-Bissau

O CAMBIO CLIMÁTICO S.O.S.: Golfo de Fonseca

Guinea Bissao: los “Medicamentos de Morte”

“A Violencia de xénero non xurde na parella dun día para outro”

Solidaridade con Ucrania dende Salvaterra do Miño

"Eu non o repetiria. Non paga a pena."

Surcando o ceo para axudar con ALAS SOLIDARIAS

Guinea Bissau crea “A Casa da Nai” para disminuir a mortandade infantil

Cuatro gallegos siguen el camino de la solidaridad hasta Mongolia

O seu nome é X

Endulzando la mañana con Mermelada de Guayaba

A adopción especial, unha opción solidaria

A cultura do comercio xusto marca un novo ritmo en Galicia

Testemuños no primeiro comedor para parados de España

As ONGs galegas reflexionan sobre a necesidade de aplicar pautas ecoloxistas nos seus proxectos internacionais

Saúde pública ameazada pola falta de colaboración institucional en Guinea Bissau

Aldán, un porto para a esperanza

‘Leo resiste’

Seguinte parada…. Angola

Loita contra os inimigos da saúde física e mental

Bombeiros galegos solidarios co Perú

Do caiuco ao epicentro do terremoto financeiro

Autismo-Ourense: da utopía á realidade

¿E que pasa co 40%?

Terra Santa, onde as flores están prohibidas

Cooperación de banda ancha no 60 aniversario dos dereitos humanos

Pequenos concellos de Ourense con inversions nos ‘Bancos de Tempo’

O teu carón

Mellorar a policía afgana para dar maior seguridade á poboación

A sociedade ourensana orfa dun ser excepcional

O laboratorio autobiográfico da liberdade

Contos para formar pequenos cooperantes

Laila

Obxectivo Kenia: nacer sen VIH

Cando Galicia toca o corazón do Sáhara

¿Está deshumanizada a Xustiza do século XXI?

Recios estereotipos distancian as mulleres africanas das europeas na filosofía de vida

Voluntarias galegas remiten unha epistola dixital con aires da outra beira do estreito

Os “piratas do mar” danlle a volta á lenda

15 minutos de liberdade

A historia da pequena Fátima

Caritel perde a inocencia

Em vésperas do novo congreso mundial sobre VIH/Sida na Cidade de México

"La Mara 18": Cando os presos fanse co control da prisión

A Asociación Juan XXIII: "Viaxe ata o medio século de compromiso no planeta da integración

O envés do top manta, segundo Cunqueiro

Nós, os infectados: VIH, Virus da Intolerancia Humana

Piso, papeis, traballo... A inmigración en Compostela

Volver arriba

Contacto |Aviso legal |Mapa do sitio |