Fotos: Carlos Puga
Estrella López/Eva Alonso
O Golfo de Fonseca encóntrase situado entre El Salvador, Nicaragua e Honduras, en pleno océano pacífico.
Os seus habitantes dedícanse, fundamentalemtne, á actividade pesqueira e camaroneira. As súas beiras están salpicadas de pequenas viliñas e as súas problemáticas son comúns nos tres países.
De aí que dende 2004, as ONGs que traballan na zona, apoiadas por Amigos dá Terra, desen un impulso á creación de Atrigolfo, organización cuxo obxectivo é conseguir leis comúns para a defensa da pesca artesanal e do medio.
Tras percorrer a zona hai cousas que nos quedaron claras: a pesca diminuíu dun tempo para acá por varias razóns. Segundo os pescadores, é especialmente grave a contaminación, pero tamén axuda a que a situación se agrave a escaseza de chuvias a causa do fenómeno do Neno e a sobreexplotación dos recursos.
Ademais, a desertización e a fame son unha ameaza constante a pesar da gran riqueza natural que, en principio gardan estas verdes terras.
Tamén fomos testemuña da carencia de recursos con que contan estas comunidades, necesidades que, nalgúns casos, puideron ser cubertas pola cooperación galega.
En todas as poboacións que visitamos a palabra "grazas", en relación a cooperación galega, era unha constante en boca dos representantes das asociacións e cooperativas postas en marcha para mellorar a calidade de vida destas persoas.
Pero a presenza galega non só está na cooperación, tamén hai grandes empresas galegas que instalaron as súas factorías nesta costa do Pacífico: Calvo e Pescanova, unha Nel salvador e outra en Nicaragua.
Non obstante, a visión de ambas as dúas é moi diferete. Mentres unha (Calvo) nos abriu as súas portas e nos mostrou a súa forma de traballar, a outra (Pescanova) foi menos transparete e declinou a nosa solicitude de visita.
Calvo aposta por unha política social cara aos seus traballadores, mentres Pescanova aínda non puxo en marcha medida ningunha e non recibiu os representantes políticos da zona, segundo nos contaron os alcaldes de Puerto Morazán e El Viejo en Nicaragua.
Non obstante, tamén hai voces que se mostran críticas coa acción de Calvo, acusando a esta firma de verter residuos o Golfo de Fonseca.
Pero hai máis cuestións en común entre as comunidades deste enclave. Todos os pescadores aseguran que están moi preocupados porque temen que nun par de anos xa non quede pesca nestas augas. Por iso solicitan, encarecidamente, que dende o Primeiro Mundo, se lles axude coa realización de estudos concretos que expliquen as razóns do descenso de capturas e a aparición de peixes mortos.
As plantacións de maní, cana de azucre, melón e millo a beiras dos esteiros poden estar detrás desta situación, xa que os representantes das cooperativas de pesca artesanal están convencidos de que os pesticidas que se empregan nestas plantacións rematan filtradas ás augas do Golfo.
O uso indiscriminado de plásticos botados aos ríos, a falta de saneamento, a sobrepoblación e o cambio climático poden ser tamén outros factores que se encontren detrás da terrible situación que vive este ámbito.
A extrema pobreza, a analfabetización da poboación (xa que non é obrigatoria a escolarización dos nenos), a elevada natalidade e a aparición de numerosas seitas protestantes, forman parte daidiosincracia duns pobos que conviven con elevadas temperaturas e un nivel de humidade extremo.
A pesar de toda esta situación, que para Occidente pode resultar problemática, o certo é que os habitantes do Golfo de Fonseca parecen felices. Ao convivir con eles decatámonos.
Pero tamén observamos, con grande alegría, que a conciencia ambiental comezou a formar parte da súa vida. Un paso adiante vital para manter e protexer este riquísimo e impresionante ecosistema.
REPORTAXES ANTERIORES
Guinea Bissao: los “Medicamentos de Morte”
“A Violencia de xénero non xurde na parella dun día para outro”
Solidaridade con Ucrania dende Salvaterra do Miño
"Eu non o repetiria. Non paga a pena."
Surcando o ceo para axudar con ALAS SOLIDARIAS
Guinea Bissau crea “A Casa da Nai” para disminuir a mortandade infantil
Cuatro gallegos siguen el camino de la solidaridad hasta Mongolia
Endulzando la mañana con Mermelada de Guayaba
A adopción especial, unha opción solidaria
A cultura do comercio xusto marca un novo ritmo en Galicia
Testemuños no primeiro comedor para parados de España
Saúde pública ameazada pola falta de colaboración institucional en Guinea Bissau
Aldán, un porto para a esperanza
Loita contra os inimigos da saúde física e mental
Bombeiros galegos solidarios co Perú
Do caiuco ao epicentro do terremoto financeiro
Autismo-Ourense: da utopía á realidade
Terra Santa, onde as flores están prohibidas
Cooperación de banda ancha no 60 aniversario dos dereitos humanos
Pequenos concellos de Ourense con inversions nos ‘Bancos de Tempo’
Mellorar a policía afgana para dar maior seguridade á poboación
A sociedade ourensana orfa dun ser excepcional
O laboratorio autobiográfico da liberdade
Contos para formar pequenos cooperantes
Obxectivo Kenia: nacer sen VIH
Cando Galicia toca o corazón do Sáhara
¿Está deshumanizada a Xustiza do século XXI?
Recios estereotipos distancian as mulleres africanas das europeas na filosofía de vida
Voluntarias galegas remiten unha epistola dixital con aires da outra beira do estreito
Os “piratas do mar” danlle a volta á lenda
Em vésperas do novo congreso mundial sobre VIH/Sida na Cidade de México
"La Mara 18": Cando os presos fanse co control da prisión
A Asociación Juan XXIII: "Viaxe ata o medio século de compromiso no planeta da integración
O envés do top manta, segundo Cunqueiro