AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios)

A adopción especial, unha opción solidaria

 

E.L. AGARESO.- Moitos nenos viven un dobre drama: son abandoados polos seus pais biolóxicos e, ó mesmo tempo, sofren algún tipo de doenza, deformidade física ou minusvalía que dificulta a súa adopción. Incluso a súa idade é unha causa de rexeitamento e marxinación.

A Asociación Galega de Axuda á Adopción, Manaia, quere lembrar que ó igual que hai “familias que esperan, hai moitos nenos que tamén están agardando por alguén que lles quera sexa cal sexa a súa condición”.

Un exemplo das dificultades que viven moitos nenos para ser adoptados é o que ocorre en España, onde na actualidade viven 30.000 nenos en institucións á espera dunha familia. “Só o 10% son finalmente adoptados”.1

Fronte a iso, as familias acolledoras prefiren adoptar no estranxeiro. “De feito, o 90% dos nenos que son adoptados aquí proceden doutros países”.

Isto débese a que algo falla: os nenos fanse maiores esperando e ó final, ninguén os quere. Outros sofren patoloxías moderadas ou severas, ou ben teñen condutas conflitivas.

Pero os nenos con necesidades especiais non só viven en España. Tamén no estranxeiro.

Sobre todo este asunto ofreceu recentemente unha charla a traballadora social, Isabel Azcona, convidada a Galicia por Manaia. “O propósito da miña conferencia é compartir reflexións sobre a adopción de nenos con necesidades especiais”.

Deste xeito, Azcona explicou que “todos os nenos que son adoptados teñen necesidades especiais porque necesitan un desenvolvemento harmónico adecuado, así teñan uns meses ou 14 anos”.

“O feito do abandono marca tanto a vida destes nenos que é necesario que o entendan os pais recentes”, de tal xeito que as familias sexan terapéuticas para lograr reparar o dano que ese feito produciu nos pequenos. “Moita xente cre os nenos adoptados son iguais co resto, e en moitas cousas é así, pero o certo é que detrás deles hai moitas cousas, moitas vivencias… e non podemos esquecer que o abandono crea impronta”.

Evidentemente, esta traballadora social recoñeceu que o número de nenos a adoptar tanto en España coma no estranxeiro diminuíu sensiblemente. Sen embargo, “hai moitos nenos que esperan e que son perfectamente adoptables”.

Nese grupo atópanse: os nenos maiores, os grupos de irmáns, aqueles que sofren unha doenza, que padecen discapacidades, que teñen problemas conductuales. E fronte a iso, as familias que esperan desexan bebés, que sexan fillos únicos ou como moito que teñan un irmán, e que as doenzas que padezan sexan recuperables.
As necesidades máis frecuentes son cardiopatías conxénitas, VIH, hepatites, síndrome de down, as malformacións xenéticas, o pé equino, o padal afundido ou o labio leporino.

1Segundo Azcona, o enfoque actual está equivocado: non debe ser “qué neno queremos nós” senón: “hai un neno dunhas determinadas características: quen quere adoptalo?”. Pero partir do neno e non do adulto supón cambiar a mentalidade, as estruturas, os procedementos… “aínda que iso supón máis esforzo, máis traballo e máis cartos”.

“Hai que dar unha imaxe real da adopción. Entender que o terceiro mundo non está cheo de nenos sans esperando unha adopción. Agora cada vez inclúense nas listas de adopción normal nenos con patoloxías leves. Antes non se facía e os nenos perdían a oportunidade de ter unha familia”.

Sen embargo, non é frecuente que se fale de nenos con necesidades especiais e moito menos que se dea a información necesaria para saber qué nenos están en adopción nesas situacións. “É xa que logo que os profesionais deben ser sensibles ás características das familias. Hai xente que se acerca á adopción por solidariedade. E eses casos deben ser detectados”.

Adoptar é unha opción, unha responsabilidade e un beneficio para aqueles nenos que carecen de apoio familiar. Darlle unha oportunidade a aqueles pequenos que, non só non teñen nada, senón que ademáis, carecen de oportunidades pola razón que sexa é, ademais, un agasallo á vida.

 

REPORTAXES ANTERIORES

A cultura do comercio xusto marca un novo ritmo en Galicia

Testemuños no primeiro comedor para parados de España

As ONGs galegas reflexionan sobre a necesidade de aplicar pautas ecoloxistas nos seus proxectos internacionais

Saúde pública ameazada pola falta de colaboración institucional en Guinea Bissau

Aldán, un porto para a esperanza

‘Leo resiste’

Seguinte parada…. Angola

Loita contra os inimigos da saúde física e mental

Bombeiros galegos solidarios co Perú

Do caiuco ao epicentro do terremoto financeiro

Autismo-Ourense: da utopía á realidade

¿E que pasa co 40%?

Terra Santa, onde as flores están prohibidas

Cooperación de banda ancha no 60 aniversario dos dereitos humanos

Pequenos concellos de Ourense con inversions nos ‘Bancos de Tempo’

O teu carón

Mellorar a policía afgana para dar maior seguridade á poboación

A sociedade ourensana orfa dun ser excepcional

O laboratorio autobiográfico da liberdade

Contos para formar pequenos cooperantes

Laila

Obxectivo Kenia: nacer sen VIH

Cando Galicia toca o corazón do Sáhara

¿Está deshumanizada a Xustiza do século XXI?

Recios estereotipos distancian as mulleres africanas das europeas na filosofía de vida

Voluntarias galegas remiten unha epistola dixital con aires da outra beira do estreito

Os “piratas do mar” danlle a volta á lenda

15 minutos de liberdade

A historia da pequena Fátima

Caritel perde a inocencia

Em vésperas do novo congreso mundial sobre VIH/Sida na Cidade de México

"La Mara 18": Cando os presos fanse co control da prisión

A Asociación Juan XXIII: "Viaxe ata o medio século de compromiso no planeta da integración

O envés do top manta, segundo Cunqueiro

Nós, os infectados: VIH, Virus da Intolerancia Humana

Piso, papeis, traballo... A inmigración en Compostela

Volver arriba

Contacto |Aviso legal |Mapa do sitio |