AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios)



Saúde pública ameazada pola falta de colaboración institucional en Guinea Bissau

Por: José Augusto Mendonça

 

GUINEA BISSAU /AGARESO.- Nos últimos anos, chegan o diferentes servizos sanitarios do país varias complicacións de saúde resultantes do consumo de medicamentos falsos, fóra de prazo e en mal estado de conservación.

Para ter unha idea da gravidade da situación, reportamos que só nun ano entraron  no Hospital Nacional Simão Mendes 4 casos cuios pacientes foron vítimas de consumo de medicamentos adquiridos nos mercados ou xunto dos vendedores ambulantes. Destes incautos, algúns presentaban patoloxías como as alerxias, diarreas, infeccións agudas e calvicie.

A pesar da gravidade que a situación representa para á saúde pública, as autoridades nacionais móstranse incapacitadas de por cobramento a venda de medicamentos fóra das farmacias, debido a falta de colaboración entre as institucións encarguadas de combater estas infraccións.

Os medicamentos en referencia son vendidos nos mercados e paseos, sen a debida conservación contra os elementos e moito menos orientacións médicas, mentres que doutra banda, entra a cuestión dos vendedores ambulantes desproveídos de formación para o exercicio deste acto que é reservado exclusivamente aos farmacéuticos.

O Director Xeral do Hospital Nacional Simão Mendes, recoñece que non existe control rigoroso de forma a disuadir a práctica, cuios infractores aproveítanse da ignorancia da poboación. “A poboación tamén posúe o súa parte de culpa na notaría, pois descoidan acatar os consellos que lles ofrecen”.

Agostinho Semedo confirma a entrada no “Simão Mendes” de enfermos que consumiron medicamentos sen prescrición, principalmente Antibióticos, Brufens, Paracetamol, Sudrecs, Ibummol e determinadas pomadas.

“Por regra xeral, ás víctimas recibiron medicamentos fóra de prazo, falsos, mal conservados ou sen calquera condición hixiénica”, acusou o Director Xeral do maior centro hospitalario do país.

Efectivamente, algunhas persoas mesmo atendidas polos médicos, en vez de dirixirse as farmacias para a compra de medicamentos, prefiren faze-a nos mercados ou nas ambulantes, correndo todo o risco que a “imprudencia” carrexa.

Compréndese as acusacións das autoridades canto alegadas ignorancia ou neglixencia dos populares, sen embargo, polo que se depreende, o baixo prezo destas drogas en relación ao establecidos nas farmacias, constitúe o factor que seduce calquera un desprovisto de poder de compra.

Os  prezos practicados polas ambulantes son case a metade dos estipulados nas farmacias e hospitais do país, tanto así que, por exemplo, unha carteira de paracetamol que é vendida por 300 francos CFA, adquírese o mesmo por 150 nos paseos, mercados ou nas mans das ambulantes.
“Unha carteira de antibiótico é 500 francos CFA”, dilucidou sen calquera desfachatez ao xornalista un destes seudo farmacéuticos xunto ao mercado de Bandim.

Sen embargo, como efectivamente se viño a confirmar, a mesma carteira é comercializada por 1000 francos nas farmacias.

Aquel vendedor ambulante, que se recusó identificarse, esclarece que case a totalidade dos seus medicamentos, foran fabricados na veciña Guinea Conakri, razón por el evocada para xustificar a autenticidade das mesmas. “Non son falsos e moito menos fóra de prazo. Fan os mesmos efectos tal como os vendidos nas farmacias”.

Contactado a comentar o asunto, a Inspecção-xeral da saúde Pública (IGSP), institución encargada de regulamentar e fiscalizar a actividade da venda de medicamentos, xustifica a discapacidade de abolir a practica, por alegada falta de colaboración da parte de Cámara Municipal de Bissau (CMB).
“A cobrarlles as taxas diarias de ocupación, a CMB da a impresión de que lexitima a venda destes produtos naqueles locais desaxeitados”, subliñou o Inspector-xeral, que volveu a insistir na cuestión da “ignorancia e neglixencia” da poboación.

Mário Domingos Gomes explicou que a pesar de todo a IGSP leva a cabo operacións ocasionais de incautación destes medicamentos nos paseos e mercados, pero na compañía das autoridades policiais e axentes da CMB. “Ocasionalmente porque? Para sorprender estas recalcitrantes, pois se establecésemos unha periodicidade seguro que nestas alturas non se irían aventurar”.

Sen embargo, a CMB nega a acusación de non colaborar coas outras institucións e explica que respectando o chamado “Código de Postura” da edilidade, todo e calquera cidadán que así o desexar, pódese-atribuírlle un espazo, mediante pagamento de taxa de ocupación, para levar a cabo o seu negocio.
No que se refire aos vendedores de medicamento nos mercados e paseos, o Director dos Mercados Feiras e Matadoiros da CMB, esclareció que son persoas que non posúen documentación.

“Ó pedir un espazo xunto da CMB, estes 'pícaros' menten canto a mercancía a comercializar, pois saben que xamais iremos admitir aqueles procedementos”, xustifica Armando Mendonça, dilucidando as estrataxemas usadas polos vendedores de medicamentos para obteñen un lugar nos paseos e mercados.
Unha vez instalados son obrigados a pagar. Porque? “Aínda que só fóra na terraza da nosa institución, van ter que pagar”, referíndose así ó citado código de postura, documento normativo.

De acordo con este responsable, ao menos cinco veces ó mes os axentes da policía municipal proceden a incautación destes medicamentos, que despois son entregados a IGSP. “Igualmente, os nosos axentes, acompáñannos cando desencadean operacións nos mercados para deter aqueles infractores. “Que tipo de colaboración máis queren”? interroga Armando Mendonça.

Mário Domingos Gomes esclarece que non posúe laboratorio de analisis da autenticidade dos medicamentos, sen embargo, como insistiu en salientar, por exemplo non é necesario ser médico para saber que moitos antibióticos vendidos non pasan de meras fariñas habilmente introducidas nos envoltorios! “Iso se ve mesmo a simple vista”, explicou o inspector.

Como efectivamente se constatou polo xornalista os medicamentos falsos ou fóra de prazo detidos polos servizos da Inspección atópanse a ateigar unha sala das súas dependencias, a agardar as instrucións superiores, neste caso ó parecer do Ministerio da tutela, para que sexan incinerados. Entre estes están tamén unha elevada cantidade de medicamentos tradicionais, que por descoñecerse as respectivas dosificacións xa provocaron vítimas humanas, de acordo coas explicacións de Mário Domingos Gomes.

“A incineración faise diante dos órganos de comunicación social e testemuñas, como forma de garantir a transparencia do acto”, subliñou o noso interlocutor que garante que a pesar das dificultades a IGSP non vai dobrar os brazos perante estes atentados contra a vida humana.

Sen embargo os que venden de forma legal, é dicir, os propietarios das farmacias dinse lesionados coa práctica ambulatorio do comercio dos medicamentos, para ademais de ameazar a saúde pública, provócalles avultadas sumas de prexuízos.

Como solución para sobrepasar a cuestión, o Presidente da Asociación dos Farmaceúticos de Guinea-Bissau, suxire a creación de dúas compañías de de medicamentos, encargados da distribución en todo o territorio nacional.

“Só así é que se pode evitar entradas de medicamentos nas fronteiras por entidades non acreditadas para tal”, xustificou Abdulah Hi Jalim.

En toda esta lamentable situación é a saúde colectiva a que se ve exposta ós perigos derivados da ambición desmedida duns e a irresponsabilidade doutros, tal como insistiu en referir a Asociación dos Consumidores de Bens e Servizos (ACOBES), na persoa da súa voceira, Bambo Sanhá.




 

 

REPORTAXES ANTERIORES

Aldán, un porto para a esperanza

‘Leo resiste’

Seguinte parada…. Angola

Loita contra os inimigos da saúde física e mental

Bombeiros galegos solidarios co Perú

Do caiuco ao epicentro do terremoto financeiro

Autismo-Ourense: da utopía á realidade

¿E que pasa co 40%?

Terra Santa, onde as flores están prohibidas

Cooperación de banda ancha no 60 aniversario dos dereitos humanos

Pequenos concellos de Ourense con inversions nos ‘Bancos de Tempo’

O teu carón

Mellorar a policía afgana para dar maior seguridade á poboación

A sociedade ourensana orfa dun ser excepcional

O laboratorio autobiográfico da liberdade

Contos para formar pequenos cooperantes

Laila

Obxectivo Kenia: nacer sen VIH

Cando Galicia toca o corazón do Sáhara

¿Está deshumanizada a Xustiza do século XXI?

Recios estereotipos distancian as mulleres africanas das europeas na filosofía de vida

Voluntarias galegas remiten unha epistola dixital con aires da outra beira do estreito

Os “piratas do mar” danlle a volta á lenda

15 minutos de liberdade

A historia da pequena Fátima

Caritel perde a inocencia

Em vésperas do novo congreso mundial sobre VIH/Sida na Cidade de México

"La Mara 18": Cando os presos fanse co control da prisión

A Asociación Juan XXIII: "Viaxe ata o medio século de compromiso no planeta da integración

O envés do top manta, segundo Cunqueiro

Nós, os infectados: VIH, Virus da Intolerancia Humana

Piso, papeis, traballo... A inmigración en Compostela


Volver arriba

Contacto | Aviso legal | Mapa do sitio |