AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios)



Autismo-Ourense: da utopía á realidade

 

 

O 2010 se perfila como o ano de apertura do primeiro centro pensado por e para as persoas con autismo da provincia. Un grupo de pais constituidos en asociación son o piar básico e fundamental dun proxecto pioneiro en Ourense que, fai dez anos, era un soño case inalcanzable.

 

OURENSE, Ruth Sousa/AGARESO.- Tras case dez anos de traballo e búsqueda de financiación e apoios, a asociación Autismo Ourense está a piques de culminar as obras do que será o primeiro centro específico para persoas con autismo da provincia. Este será, se todo vai segundo o previsto, o ano do remate das obras do complexo, situado na localidade próxima á capital ourensana de Lodeiro, en Vilar das Tres.SUSO REGAL

Deste xeito, as previsións falan de que a primeiros do 2010, traballadores e usuarios comenzarán a ocupar as modernas instalacións deste complexo, que consta de cinco edificios independentes, e ó mesmo tempo unidos, divididos en tres andares.

No primero estarán os servizos xerais e algún espazo multiusos; no segundo o centro de día, con capacidade para medio cento de persoas, e no terceiro a residencia, cun número de prazas limitado, que non  sobrepasará as dezaseis.

O presidente de Autismo-Ourense, Virgilio Montes, destacaba fai uns días, co gallo dunha visita ás obras do director xeral de Acción Social, Bieito Seara, que “se trata de garantir un servizo de calidade” . Por iso, e máis nos primeiros momentos de andadura do complexo, preténdese  evitar unha masificación que os traballadores, que se calculan en preto de sesenta, non poidan atender.

Nestes momentos, ademáis do que é o remate dos edificios e o seu equipamento, están pendentes a construcción dun polideportivo con piscina e o acondicionamento da zona verde exterior.

Espazo de convivencia

O centro específico para persoas con autismo está situado nunha parcela de 22.000 metros cadrados, mercada ós pouquiños, que se pretende convertir, polo menos no que respecta á zona verde, nun espazo de convivencia.

Así, os xardíns estarán abertos a todos os cidadáns que queiran achegarse á zona, na que, por certo, se goza dunhas vistas privilexiadas, co obxectivo de evitar o illamento dos usuarios e  que o centro pase a ser unha especie de guetto.

Entre os numerosos proxectos que hai pensados nestes momentos para este espazo ó aire libre está a realización de actividades de lecer e dinamización, tanto para os residentes ou os usuarios do centro de día como para os visitantes.

A actividade diaria do complexo pasará por garantir un servizo de calidade que cubra as necesidades dos autistas da provincia e dos seus familiares en todos os aspectos posibles, centralizando así a labor que xa desenvolve a asociación de pais a través dos seus profesionais.

Neste centro, alomenos polo de agora, terán prioridade as persoas con maior afectación de autismo, que son as que presentan maiores graos de dependencia e moitas menos alternativas unha vez rematan o periodo escolar.SUSO REGAL

Precisamente foi a falta de alternativas reais para os nenos, chegada unha determinada idade, o que empurrou, fai dez anos a este grupo de pais a atreverse cun proxecto que, se agora impresiona, daquela resultaba unha auténtica utopía.

A provincia de Ourense vai, con respecto ás de Coruña e Pontevedra, con vintecinco anos de retraso no que á atención específica das persoas autistas se refire. De feito o proxecto desta asociación, pioneiro na provincia, non o é no conxunto da comunidade galega. E, precisamente, esta atención específica da que falamos é o principal problema co que se atopan as persoas que padecen autismo e os seus familiares.

Se ben no ámbito social e no da educación é unha doenza asumida, non ocorre o mesmo no campo da sanidade. Neste sentido, dende a asociación lémbrase que o feito de que o autismo no teña cura non significa que non teña un tratamento.

Tamén recoñecen que é o propio sistema o que non permite esta especialización e o que fai que, tanto nos centros de día como nos servizos asistencias e sanitarios, teñan que convivir os autistas con persoas con doenzas que nada teñen que ver coa súa.

Como outras patoloxías relacionadas coa saúde mental, o autismo está, para certas cousas, en terra de ninguén.

 Mirando ó futuro

A asociación Autismo-Ourense trata de dar unha resposta a estas cuestións, que supoñen o principal motivo de inquedanza para os pais que a integran, e que non só ven o presente, millorable en moitos distes aspectos, senón o seu futuro dos seus fillos.

Por iso xa se plantexan novos retos. Coa posta en marcha o ano que ven diste centro, a entidade adquirirá unha maior solidez e capacidade para dar resposta concreta ós problemas cotiáns, centralizando e ampliando a súa labor nun só espazo, pero coa vista xa posta no mañán.

Segundo explican, trátase de cubrir as necesidades que a persoa autista ten ó longo da súa vida. Co complexo de Vilar das Tres, esta cobertura alcanza ata ben entrada a idade adulta, pero falta respostar ás necesidades derivadas do envellecemento da persoa.

Por iso, un dos seguintes proxectos da asociación que preside Virgilio Montes será  a posta en marcha dun xeriátrico especializado en persoas con autismo.
Hai que ter en conta que, no seu caso, hai que sumarlle ós problemas derivados dos anos as cuestións asociadas á súa doenza, e que fan da súa atención unha auténtica especialidade tanto no campo da xerontoloxía como no do autismo.

Pero este é un proxecto a longo prazo. O inmediato é rematar as obras do centro específico. Neste momento, só uns meses separan o que fora un soño dunha agardada e necesaria realidade.


 

 

REPORTAXES ANTERIORES

¿E que pasa co 40%?

Terra Santa, onde as flores están prohibidas

Cooperación de banda ancha no 60 aniversario dos dereitos humanos

Pequenos concellos de Ourense con inversions nos ‘Bancos de Tempo’

O teu carón

Mellorar a policía afgana para dar maior seguridade á poboación

A sociedade ourensana orfa dun ser excepcional

O laboratorio autobiográfico da liberdade

Contos para formar pequenos cooperantes

Laila

Obxectivo Kenia: nacer sen VIH

Cando Galicia toca o corazón do Sáhara

¿Está deshumanizada a Xustiza do século XXI?

Recios estereotipos distancian as mulleres africanas das europeas na filosofía de vida

Voluntarias galegas remiten unha epistola dixital con aires da outra beira do estreito

Os “piratas do mar” danlle a volta á lenda

15 minutos de liberdade

A historia da pequena Fátima

Caritel perde a inocencia

Em vésperas do novo congreso mundial sobre VIH/Sida na Cidade de México

"La Mara 18": Cando os presos fanse co control da prisión

A Asociación Juan XXIII: "Viaxe ata o medio século de compromiso no planeta da integración

O envés do top manta, segundo Cunqueiro

Nós, os infectados: VIH, Virus da Intolerancia Humana

Piso, papeis, traballo... A inmigración en Compostela


Volver arriba

Contacto | Aviso legal | Mapa do sitio |