AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios)



Contos para formar pequenos cooperantes

A sociedade actual, marcada polo consumismo e a individualidade, fai que os máis cativos non aprendan conceptos como a solidaridade e a cooperación, que non se impliquen cos demais. Contra esta situación,que o contacontos Servando Barreiro considera aínda reversible, a Axencia Galega de Cooperación Exterior puxo en marcha a campaña de sensibilización ‘Achégate á Cooperación Galega 2008’ que está recorrendo 60 localidades galegas.

K

PONTEVEDRA, Natalia Puga/AGARESO.- "Os nenos de hoxe en día teñen de todo e non se da conta de que hai persoas que viven outras realidades, de xeito que non se implican”. Así resume Servando Barreiro a situación que se atopa a diario cando, o mesmo que o seu compañeiro Anxo Moure, se enfrenta a un grupo de cativos das distintas localidades galegas polas que vai pasando o autobús de Achégate.

Para loitar contra esta falta de valores, amósalles, vía marionetas, música e contos, canto necesitan a súa axuda moitos rapaces que non tiveron a sorte de vivir nunha sociedade como a súa e, sobre todo, que eles, dende pequeniños, poden aportar moito a este mundo con tarefas como a solidaridade co medio ambiente que os rodea.

Este particular ‘cicerone’ polo mundo da cooperación é, ademais de contacontos, músico e aplica os seus coñecementos para conseguir que os nenos asimilen, case sen darse conta, que non todos os nenos do mundo teñen as mesmas posibilidades e comodidades ca eles. Cun acordeón na man e pequenas campás na perna, relátalles os contos da solidaridade e da paz, pequenas historias que teñen como protagonistas a cativos da súa mesma idade e que logran que un rapaz de tan só seis anos logre niveis de concentración insospeitados para a súa idade. A marioneta Abdalaz ou a gatiña da paz, elaborada por unha cooperativa de mulleres de Bangladesh, son algúns dos trucos que emprega para chegar ó mais profundo da conciencia destes pequenos.

Terminada a sesión, Servando Barreiro descoñece se as súas modestas ensinanzas surtiron algún efecto, mais recibe a otro grupo de cativos coa mesma ilusión por facerlles ver que, moi preto das súas casas, na natureza que os rodea, teñen pequeñas tarefas solidarias que abordar e que, na maior parte dos casos, non lles supoñen máis esforzo que pensar un pouco en como queren que sea a paisaxe que teñen diante cando medren.

É que este contacontos galego está convencido de que a solidaridade non son só grandes proxectos no exterior ou accións conxuntas de moita xente. Un cativo de curta idade pode aportar moito á sociedad únicamente con implicarse un pouco co entorno. A solidaridade medioambiental é o seu particular reto e para conseguilo intenta trasmitir esta concienciación social que vai dirixida ós nenos tamén ós pais que os acompañan ata o autobús de Achégate.

G

Servando está convencido de que a linguaxe coa que chega ós cativos tamén serve para axitar as conciencias dos seus familiares adultos. En caso de que non o consiga, as características do autobús da cooperación fará o resto. Trátase dunha plataforma móvil que acolle unha mostra informativa con 80 imaxes dos proxectos de cooperación que a Xunta mantén activos en 17 países e ten como obxectivo fundamental a sensibilización.

Para chegar dun xeito máis directo ós visitantes, os 20 paneis da mostra incluen testemuñas persoais e gráficas da labor desarrollada pola Cooperación Galega en América Central, Sudamérica, Caribe e a África lusófona, as zonas prioritarias da súa actividade. A través das verbas de persoas como Anxo Moure, de Bicis pola Paz, que fala da educación para a solidariedade invitándonos a pedalear por ela, o autobús de Achégate fai saber ós galegos que construir un orfanato en Addis Abeba ou dar a oportunidade ás mulleres de Kenia de facer unha ecografia son grandes logros posibles gracias á cooperación galega e á colaboración dunha amplio surtido de oenegés, universidades ou sindicatos que están implicadas en axudar ó Terceiro Mundo a mellorar a saúde, a educación, as condicións ambientais, a reducir as desigualdades no ámbito económico, social e cultural e, en definitiva, na loita contra a pobreza e a fame.

Un mapa do mundo onde se localizan os 25 países nos que a cooperación galega ten en marcha proxectos serve de inicio e de final para unha viaxe dos visitantes por Honduras, Guatemala, O Salvador, Nicaragua, Colombia, Ecuador, Perú, Bolivia, Arxentina, Uruguai, Venezuela, Haití, Cuba, República Dominicana, Cabo Verde, Territorios Saharauís, India, Mauritania, Senegal, Guinea Bissau, Etiopía, Tanzania, Mozambique, Namibia e Angola.

Fotos: Javier Cervera-Mercadillo



Volver arriba