AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios)



Voluntarias galegas remiten unha epistola dixital con aires da outra beira do estreito

Voluntarias galegas participan no campo de solidariedade de Tanxer (Marrocos) dende principios de mes. Coñecendo as diversas accions que en pro da muller traballadora realiza a organización Amarante no país, as suas experiencias crecen en intensidade a medida que transcurren os días e, incluso, as semanas. Adaptarse non resulta sinselo. Ser unha maís si. Mostra das singularidades que conserva unha realidade diferente pódense intuir nesta epistola dixital emitida dende a outra beira do estreito.

PONTEVEDRA, Redacción/AGARESO.- O domingo fomos a praia con varias das mulleres da asociación. O que parecia unha actividade estrela convertiuse nun sacrificio para algunhas de elas. Igual que Ana, Marta e eu, non estan habituadas a estar na praia o mediodia, asi que as queimaduras foron inevitables.

O caminho a praia foi o mellor. A parte de atras da furgoneta na que viaxabamos casi unhas 20 persoas tinha uns bancos nos laterais que deixaban un espazo no medio que aproveitamos para bailar a ritmo de musica marroqui. Estes tres ultimos dias a danza e a musica estiveron moi presentes. Cando quedamos so mulleres e hai musica por medio, e facil que se monte unha pequena festa.

O venres na casa de Jamila, despois de xantar couscous estivemos a bailar; o sabado o que ia ser unha clase de baile oriental convertiuse (afortunadamente) novamente nunha festa na que sonou musica de “rai”, musica “chaabi” mais tamen bailamos Shakira pois as rapazas novas tamen lles gusta esa música.

En relación a experiencia nos programas de formación no idioma español, Montse, Raquel Q. e Ana dan clases as persoas sen alfabetizar. Marta e eu facemos clases para a xente alfabetizada. Un especial reconhecemento para as companheiras de Polonia que estan a face un gran traballo e esforzo o dar as clases de espanhol.


Volver arriba