SANTIAGO DE COMPOSTELA/AGARESO.- A repercusión do proxecto emprendido por unha expedición de reporteiros galegos solidarios tivo resonancia nunha das principaís cadenas de radio en Galicia. No programa 'Gente Viajera de Galicia' de Onda Cero, intervino a xornalista Lara Varela para resumir as edificantes experiencias vividas no medio de vida do povo saharui. Pero, todo escomenzo co seguemento de cativos que participaron no programa 'Vacaciones en Paz' no concello de Sanxenxo, durante os meses de veran. Posteriormente, viaxaron ata os campamentos de refuxiados do Sáhara coa finalidade de facer un contraste da infancia en dous modelos moi dispares de desenvolvemento.
PONTEVEDRA, Redacción/AGARESO.- Facer visible os canles de solidaridade establecidos no exterior é o principal obxectivo da Xunta de Galicia. Para o cumplimento do mesmo, un autobús itinerante percorre as principales cidades e vilas galegas con reflexions, fotografías e diversas actividades a bordo sobre os países do sur, onde a sociedade galega contribue o seu desenvolvemento en positivo. Nunha entrevista, Fabiola Sotelo fai balance co xornalista, Juan de Sola, de tres anos o fronte da dirección xeral de cooperación galega.
PONTEVEDRA, Redacción/AGARESO.- A Confederación Galega de Minusvalidos (Cogami) pechou filas entorno o nadador paraolímpico, Pablo Cimadevila, en relación a misiva remitida ós medios de comunicación na que expresaba unha forte crítica polo valor que concede a Federación Española as medallas conqueridas nas paraolimpiadas de Pekín. Na mesma carta, facía un contundente ataque a política dos medios na cobertura do evento deportivo, así como a pouco recoñecemento social que un deportista discapacitado recibe da sociedade galega.
A LAMA (PONTEVEDRA), Juan De Sola/AGARESO.- Francisco Merchan restou case dous anos á súa vida como interno no centro penitenciario da Lama por un delito de estafa. Unha das empresas que se atopaban baixo o seu enderezo incorreu en irregularidades, penadas con cárcere por lei. A lentitude do aparello xudicial fíxolle pensar que nunca sería investigada a causa, pero os seus cálculos fallaron: foi detido na cidade de Vigo, a plena luz do día. Ingresou en prisión con traxe e gravata, aspecto que chamou a atención ao resto dos reclusos, ata tal punto que algún chégolle confundir cun directivo da institución. Esa noite a porta da cela pechou por primeira vez. Paco, é así como nos pide que lle chamemos, empeza a asumir que a súa vida acomodada no alto nivel económico, social e laboral se extinguiu. En cuestión de horas, pasou de ser alto executivo a reo. Agora, espera esgotar as últimas horas do seu estado de reclusión para retomar aquelas cousas aínda vivas fóra de portas. Nunha entrevista concedida a Juan de Sola, no interior da penitenciaria da Lama, coñecemos unha senlleira experencia carceraria rexistrada durante 21 meses.
PONTEVEDRA, Juan De Sola/AGARESO.- O fenómeno da inmigración incoropora características identitarias como a cultura ou as crenzas relixiosas daquelas persoas procedentes doutros lugares do mundo. A tolerancia no credo é outro dos aspectos necesarios para cumprir cos requisitos básicos da integración social dun inmigrante en Europa. Nos cursos de verán da Uned-Pontevedra, unha das temáticas centrouse nesta cuestión. José María Contreras, catedrático de dereito eclesiástico do Estado e, recien nomeado, director xeral de relacións coas confesións, participou nesta ágora académico por cuarto ano consecutivo. Nunha entrevista concedida ao xornalista Juan de Sola analiza o grao de laicidad na peninsula.
PONTEVEDRA, Alejandro Espiño/AGARESO.- O Consello de Goberno aprobou o nomeamento do pontevedrés Alberto García Cerviño, actual responsable de Solidariedade Internacional en Galicia, como novo director xeral de Asuntos Europeos e Cooperación ao Desenvolvemento, un cargo ó que accederá oficialmente a semana do 26 ó 30 de maio, segundo anunciou a vicepresidenta rexional, Lola Gorostiaga. Nunha conversa momentos despois de confirmarse o seu novo destino profesional, fálanos dos retos que se lle presentan a partir de agora e de como axudará a súa visión como membro dunha ONG á xestión política deste departamento.
TANGER (Marruecos), Juan De Sola y Roi Palmás/AGARESO.- No marco do proxecto de cooperación "Amarante-Muller traballadora do textil", nos chega a primeira crónica da estancia de estos dous xornalistas pontevedreses no Magreb.
TANGER (Marruecos), Juan De Sola y Roi Palmás/AGARESO.- No marco do proxecto de cooperación "Amarante-Muller traballadora do textil", nos chega a segunda crónica da estancia de estos dous xornalistas pontevedreses no Magreb.
PONTEVEDRA, Estrella López/AGARESO.- No marco do proxecto de cooperación "Amarante-Muller traballadora do textil", facemos unha entrevista a Boubker Hamitsi, líder social no norte do Magreb, que nos fala da situación actual da muller dentro do complicado panorama laboral nun país como Marruecos.
PONTEVEDRA, Juan de Sola/AGARESO.- Facendo balance desta década, nunha entrevista concedida o xornalista Juan de Sola, a subdirectora do centro penitenciario de A Lama, Silvia Alonso, subliñou como foron cambiando as cousas a través do tempo. Os avances a nivel de tratamentos e a participación nas actividades de colaboración e traballo, cada vez, con menos internos que rexistren conflitos. Según a responsable da institución, tamén queren darlle opcións a todos os presos para que melloren a súa vida, a pesar de cada un ten unha problemática especial. Tamén, fixo un analisis de diferentes programas que atallen situacións de: drogas, maltrato ou as agresións sexuais.
PONTEVEDRA, Estrella López/AGARESO.- O grupo de autoapoio de enfermos de sida e adiccións 'Imán' do Concello de Vigo concentrouse fai uns días para protestar contra a "preocupante masificación" da prisión de A Lama en Pontevedra. Nunha entrevista concedida á xornalista Estrella López, o coordinador do grupo, Antón Bouzas, denuncia que a poboación de internos supera neste cárcere "con moito" ós espacios e ó persoal que traballa no mesmo. Esta situación xa foi denunciada, unha e outra vez por sindicatos, funcionarios e familiares dos reos. O obxectivo desta movilización foi concienciar ás administracións para que aceleren xestións e realicen ás previsións necesarias para que estes presos acaden uns niveis de calidade de vida aceptables.
PONTEVEDRA, Juan De Sola/AGARESO.- A sociedade civil galega amosa e transporta, cada ano por estas datas, unha maleta cargada de Solidariedade Internacional con destino a algún punto desfavorecido do planeta. A ONG SI convida todos-los verans a tranformar as vacacións nun campo de traballo en favor de outras realidades menos afortunadas non seu desenvolvemento. Nunha entrevista concedida por María Paz Gutierrez, directora de Solidariedade Internacional en Galicia, ao xornalista Juan de Sola coñecemos as ultimas accions de voluntariado con acento galego canalizados por esta organización.
PONTEVEDRA, Juan De Sola/AGARESO.- Unha directriz da Unión Europea obriga responsabilizarse os aeroportos da atención, asistencia e o desprazamento das persoas con mobilidade reducida ou algunha discapacidade. A medida fai máis plural a accesibilidade nos espacios aeroportuarios, así como o transporte aéreo. Polo tanto, os aeródromos de Peinador, Lavacolla ou Alvedro deberán adaptarse a normativa coa máxima dilixencia, incorporando novos servicios con persoal cualificado que, na actualidade, estaba asumindo cada compañía aérea de xeito moi dispar. Nunha entrevista a Anxo Queiruga, presidente da Confederación Galega de Minusvalidos, concedida o xornalista Juan de Sola, faí un análise da nova situación que pretende converter os aeroportos en lugares exentos de barreiras para o colectivo de discapacitados galegos.
PONTEVEDRA, Juan De Sola/AGARESO.- José Francisco López, agricultor nicaragüense, indicou a necesidade de manter una maior control nos canles de distribución do café, procedente das cooperativas do sur que participan en plans de comercios xusto. Fixo esta aseveración nunha entrevista concedida o xornalista de Agareso, Juan de Sola. O representante do sector agrario do país centro américano percorreu as cidades de Pontevedra e Vilagarcía nunha iniciativa de divulgación, en diferentes foros culturaís e centros educativos, organizada pola ONG Solidariedade Internacional.
PONTEVEDRA, Juan de Sola/AGARESO.- As boas prácticas en accesibilidade de Pontevedra foron recoñecidas en constantes felicitacións, participacións en congresos e xornadas especializadas. É premio “Cidade de Pedra” pola relación da reforma urbana, a accesibilidade e o deseño en granito, e o Parlamento Galego celebrou en ela os 25 anos baixo o lema “Accesible, habitable, participativa. A cidade imaxinada”. En 2007 concedéuselle o premio Cermi do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade á mellor acción autonómica ou local.
PONTEVEDRA, Juan De Sola/AGARESO.- ONG Amarante continúa co facho da xustiza social encendido. Celebró as olimpíadas limpas, unha iniciativa coa que se quere denunciar a utiilzación de certas marcas deportivas durante os xogos olímpicos, marcas que explotan a nenos e traballadores e que multiplican os seus beneficios a custa do malvivir dos seus empregados. Os actos terá lugar simultaneamente ás once e media da mañá en Pontevedra, Vigo, Santiago e Ourense. En todas as cidades, a edición dos xogos deste ano se realizo coa presenza do tradicional dragón chinés que percorreu as principais rúas da urbes galegas. Se celebrararon partidos de balonmán, fútbol, taekwondo e Ximmnasia acrobática. O xornalista Juan de Sola entrevista ao responsable de 'Comercio Xusto' da organización non gobernamental para o desenvolvemento, Xan Hermida.
PONTEVEDRA, Juan De Sola/AGARESO.- Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui denunciou a situación de absoluta precariedade que padece esta etnia norteafricana e en especial, os cativos, polo que solicitou de forma urxente, a necesidade de localizar á 180 familias de Galicia que estean dispostas a acoller a nenos saharauis este periodo de verán. A situación ven provocada porque este ano virán a Galicia 880 nenos, aínda que só hai 700 familias adscritas no censo do programa Solidariedade Galega. Nunha entrevista, Alejandra Sayar, en calidad de responsable da organización na comarca de O Salnés, desvela as claves deste crítico asunto de cooperación internacional galega.