A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) é unha organización sen ánimo de lucro, formada por un colectivo de profesionais do mundo da comunicación en Galicia que están comprometidos coa producción, realización e difusión de proxectos de cooperación e solidariedade, con especial dedicación o desarrollo de accions sociais que estén promovidas dende a Comunidade Autónoma galega, tratando de xerar unha muda cara a unha sociedade máis inclusiva e xusta.
Creada no mes de maio de 2008 coa apertura da primeira corresponsalía, en Pontevedra, AGARESO é unha asociación totalmente apolítica e laica, como único vínculo entre seus integrantes o traballo a prol da solidariedade e cooperación cos colectivos máis desfavorecidos, tentando promover, concienciar e sensibilizar a sociedade dunha realidade próxima e frecuenemente silenciada nos grandes medios de comunicación. Para elo, AGARESO non pretende xerar accions aisladas, senon dar continuidade a todos e cada un dos seus proxectos.
ESTRUCTURA ORGANIZATIVA:
PRESIDENTE: Juan De Sola Vollbrecht
VICEPRESIDENTA: Teresa Del Río Rodríguez
SECRETARIO: Alejandro Espiño Reboredo
TESOREIRO: Roberto Baquero Pérez
VOCEIROS: Roi Palmás Cora, Susana Ares Reboredo, Estrella López Martínez, Luís Pardo e Rita Pérez Ferreiro
CORRESPONSALÍA EN PONTEVEDRA: Susana Ares Reboredo
CORRESPONSALÍA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA: Laura Lopez
CORRESPONSALÍA EN VIGO: Carlos Fernández Cortiñas
CORRESPONSALÍA EN O SALNÉS: Lara Varela
CORRESPONSALÍA EN OURENSE: Ruth Sousa
O principal obxectivo de AGARESO e a creación dunha rede sólida, comprometida, solvente e plural no sector xornalístico galego que impulse a difusión, promoción, denuncia e educación en materia de cooperación e solidariedade, mediante a creación, desenrrolo e seguemento de proxectos solidarios e de cooperación, xa sexan propios da asociación, ou alleos a ela.
Ademáis, esta asociación persigue potenciar a educación, formación e reciclaxe do profesional da comunicación no tratamento e elaboración de informacions de carácter social, e ampliar a sua conciencia na abordaxe diaria da información destas temáticas, independentemente do medio no que se traballe, aplicando inflexibles códigos éticos e regulamentos específicos neste marco.
O principal espazo de promoción e difusión co que contará AGARESO para a publicación de artigos, entrevistas e reportaxes, así como o material gráfico e audiovisual que integre cada un dos proxectos que se aborden desde a asociación, incorporaranse a unha ampla plataforma dixital en internet, sen prexuízo de que algunhas destas iniciativas poidan ter unha difusión maior a través de outras canles.
Para iso, todo traballo realizado sexa cal sexa o xénero xornalístico, realizarase sen ánimo de lucro, xa sexa en concepto dos servizos prestados ou administración do material elaborado. A propiedade intelectual do mesmo permanecerá en todo momento en poder do autor ou autores, pero reservándose a asociación o seu uso e xestión nos medios, así como actividades que os seus membros consideren oportunos.
É obrigado que toda produción que se elabore para incorporar aos contidos da plataforma dixital e outras formas de difusión, teñan que cumprir rigorosamente co decálogo, manual de estilo e código ético da asociación, para asegurar o tratamento adecuado de calquera temática do ámbito social.
AGARESO tenta impulsar a conciencia solidaria da sociedade galega mediante unha interactividade constante a través de conferencias, exposicions, publicacions, cursos ou calquera tipo de evento socio-cultural que permita achegar a opinión pública os proxectos solidarios ou de cooperación e desenvolvemento realizados tanto en Galicia como en outra parte do mundo.
Coa súa labor xornalística, AGARESO pretende servir de amplificador social ó arduo e continuado traballo que en materia de cooperación e desenvolvemento, levan realizado desde fai anos asociacións ou colectivos con demostrado prestixio e dedicación. Ademais, mediante a súa actividade buscarase xerar vínculos e alianzas con outras organizacións de similares características, independentemente da súa estrutura, co obxectivo de crear reciprocidade á hora de deseñar novos proxectos, compartir experiencias e aunar esforzos.