AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios)



Os inicios de AGARESO

Os inicios do ano 2006 foron decisivos para a produción dun proxecto de cooperación internacional no que a intervención de profesionais de información estaba contemplada. A iniciativa partiu da ONG Amarante que ao seu programa anual de voluntariado ‘Xanela Aberta Ou Sur' convidou a dous xornalistas, Roi Palmás e Juan de Sola, a explorar as súas accións máis alá das fronteiras de Galicia.

Inicialmente, se barallou a posibilidade de iniciar esta colaboración relatando a realidade dos Sem Terra no Brasil. Este é un dos proxectos con máis longa traxectoria da cooperación bilateral galega no exterior. Finalmente, reconduciuse a idea e dirixiuse a Marrocos, onde a situación da muller traballadora do sector téxtil fora timidamente explorada.

Durante, doce días de intenso traballo e proporcionados os apoios necesarios pola organizacións locais na cidade de Tanger, os dous xornalistas lograron relatar nun blog e, posteriormente, conformar unha exposición con textos e fotos que importou á sociedade galega unha realidade na que a falta de xustiza é a principal característica.

O proxecto madurou a medida que foron transcorrendo as horas e os días. Os contactos coas propias afectadas e o seu contorno quedaron perfectamente reflectidos neste primeiro traballo que supuxo, involuntariamente, o xerme dun colectivo agora constituído e recoñecido xuridicamente.

A mostra ‘100% Atawassoul' xirou polas principais salas de exposicións da comunidade, complementada ou reforzada con conferencias sobre a materia. A partir dese momento, a reflexión sobre a imprescindible existencia dun grupo de profesionais da información e os medios de comunicación cobrou maior forza.

Unha vez descuberto que o mundo social e a cooperación internacional, proxectada desde Galicia, non goza dun amplo coñecemento. Saber, coñecer, ter constancia de cales son os destinos da distribución da nosa riqueza, en formato de solidariedade, é un labor aínda pendente. Os reporteiros comprometidos ata a data, fixérono con dous grandes aspectos: Por un lado, o achegamento de realidades onde atópase instalada a inxustiza e, por outro, fiscalizar en cada información o investimento do diñeiro público asignada a este específico campo.

As accións illadas poden ter un rendemento concreto, pero non definitivo ou substancial, se se persegue un resultado de troco. Amplificar durante unha determinada etapa unha cuestión social como a realidade da muller no norte de África pode ter o seu repercusión. Sen embargo, na continuidade, na regularidade é onde a sensibilización da sociedade pode ofrecer mellores cotas compromiso.

O nacemento da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios non xorde impulsado por unha casualidade. A necesidade de responder decididamente ás temáticas dun marcado perfil social en Galicia provocou a eclosión dun comprometido colectivo de xornalistas, cámaras e fotógrafos, entre outros, dispostos a modificar as súas axendas e prioridades informativas. Polo tanto, a primeira experiencia coa muller do Magreb derivou nun importante momento: falar dos asuntos máis próximas ás persoas; contar aquelas cousas ou circunstancias que rodean aos seres humanos no norte e no sur por profesionais da comunicación en Galicia.


Os proxectos internacionais de AGARESO



Volver arriba