AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios)



Caixanova pon en marcha o Ciclo de Cine Solidario en Pontevedra

Caixanova acerca ata Pontevedra o Ciclo de Cine Solidario, unha proposta que se poñerá en marcha este mércores e que se prolongará ata outubro. A primeira película enmarcada dentro deste ciclo de cine é “Os Nenos do Barrio Vermello”, que se proxectará ese día no Auditorio do Centro Social Caixanova de Pontevedra, ás 21.00 horas.

PONTEVEDRA, Redacción/AGARESO.- Trátase da película debut na dirección de Zana Briski e Ross Kaufman, dous documentalistas que fan unha crónica do tempo que pasaron en Sonagchi (Calcuta) e das relacións que estableceron cos fillos das prostitutas do Barrio Vermello.

Ademais desta película tamén se proxectará “Darshan, a aperta”, a crónica dunha das viaxes de Amma pola India, un documental íntimo que capta o seu carisma e o seu bondadoso espírito; “Ríos e mareas”, un sensual e poético viaxe polo mundo e a mente do recoñecido escultor Andy Goldsworthy, artista británico que desde fai vinte anos crea obras de arte en bosques e leitos de ríos de todo o mundo sen outras ferramentas que as súas mans; e, finalmente, “A historia do camello que chora”, unha película documental dirixida e escrita por Byambasuren Davaa e Luigi Falorni que conta como unha familia de pastores nómadas do deserto do Gobi axuda no nacemento de súas camellos.


Volver arriba

Contacto | Aviso legal | Mapa do sitio |