
A ONG Amigos da Terra pon en marcha un obradoiro para aprender cómo funciona a bioconstrucción. Trátase dun campo de traballo alternativo para este verán que se desenrola no Centro de Educación Ambiental das Corcerizas (Ourense).
Os interesados só teñen que informarse na páxina web da ONG: www.amigosdaterra.net
| Programa |
O concello de O Grove celebra o Día Internacional da Muller cunha exposición sobre a loita contra a fame en África que se poderá ver todo este mes na Casa da Cultura do municipio.
Esta mostra reflicte a convivencia das mulleres africanas coa fame. A mostra, da fotógrafa e cooperante Marina Espriu, reflicte o paradoxo que sofren as mulleres en África ao ser vítimas da fame e motor do desenvolvemento das súas comunidades.
Mulleres que camiñan con bidóns de auga durante horas, nenos desnutridos que se aferran aos peitos das súas nais, pequenas que moen con forza o paínzo das súas familias... "MAMÁ HAMBRE" é un percorrido en imaxes pola relación que miles de mulleres teñen a diario coa fame en África. Todas elas foron captadas pola cámara fotográfica de Mariña Espriu, cooperante en Angola de Acción contra el Hambre.
Espriu tratou de expresar nestas instantáneas a dureza desta relación pero tamén a enorme forza coa que estas mulleres arrepor á fame, destacando o seu papel no núcleo familiar e a súa crucial achega, a miúdo invisible, ao desenvolvemento das súas comunidades. Sete de cada dez persoas con fame en África son mulleres.
Acción contra el Hambre, en colaboración coa Fundación "a Caixa", quixo renderlles homenaxe no Día Internacional da Muller recordando aos visitantes da mostra o papel esencial que xoga a muller nos países máis pobres: elas alimentan os seus fillos dende que nacen, a través da lactación, e durante a infancia, garantindo a comida diaria a través dos alimentos que cultivan. Elas son as protagonistas da loita contra a fame.


A Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa acolle a exposición “10x10 Implicadas" para dar a coñecer á cidadanía da contorna o traballo desta ONG e a súa traxectoria desde a súa fundación en 1998.
Implicadas/os no Desenvolvemento basea o traballo no trato de igual a igual coas comunidades do sur, o enfoque de xénero e a independencia das decisións tomadas dende Galicia no campo da cooperación. No ano 2008 celebrou 10 anos de traballo continuado e crecente tanto na sensibilización, presión política e cooperación ao desenvolvemento.
Foi no marco desde aniversario no que nace a exposición '10x10 Implicadas', co obxecto de abrir as portas a que a cidadanía coñeza o labor realizado neste tempo e atope vías de expresión axeitadas para a resolución da pobreza.

A Soberania Alimentar é o eixo central das xornadas que se celebran en Galicia, os días 27 e 28 de Febreiro, en Santiago de Compostela. As Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar, organizadas pola ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos) serán albergadas no Salón de Actos da Faculdade de Filosofía da USC, situada na Praza de Mazarelos. Neste mesmo lugar, ademais, podrá coñecerse os elemenetos que compoñen unha Feira pola Soberanía Alimentar. A cita está programada para o domingo 28 deste mes.

![]()
Redacción (Agareso).- A reacción da sociedade civil a través da rede fai emerxer unha corriente de solidaridade activa co país maís pobre de centroamérica, azotado por varios seismos de elevada magnitude durante este mes de Xaneiro. A crise humanitaria en Haití detona o xurdimento, en Pontevedra, dunha iniciativa cidadá co obxectivo de contribuír no máximo posible neste momento de emerxencia do pobo haitiano. Unha interesante proposta de cultura musical pretende concienciar o maior número de persoas para fortalecer as liñas de axuda humanitaria.
Esta inicativa xurde nun grupo creado na rede social facebook que se movilizou para crear un concerto solidario na provincia de Pontevedra a favor de Haití. En menos de 48 horas superaronse os 2.000 seguidores que mostraron a súa solidariedade co acto e a súa intención de participar activamente no proxecto contribuíndo con actuacións de grupos musicais ou cedendo obras de arte que se podan vender ou subastar durante a celebración do evento; ou simplemente cedendo o seu tempo libre para organizar todo o necesario na execución do acto. Esta implicación da xente anima a seguir adiante sen máis presuposto que a solidariedade de todo aquel que queira colaborar.
O concerto solidario: 'Pontevedra con Haití' celebrarase o vindeiro 6 de febreiro. Aínda así, esta inicativa precisa da involucración de tódalas empresas da provincia que de xeito altruíta queiran colaborar. Todas as axudas son ben recibidas, pero neste intre o que máios urxe é a cesión do equipo de luz e son como do escenario para o evento. A organización é consciente dos altos custos do aluguer destes equipos, pero a inexistencia dun orzamento obriga a cubrir as necesidades da celebración do concerto de xeito gratuíto.
Todos os beneficios destinaranse á Cruz Roja Española para a causa de Haití, por ser unha das organización internacionais máis serias no seu traballo e que contan con experiencia en terreo.
Todo aquel que queira poñerse en contacto coa organización poderá facelo a través do correo electrónico conciertosolidario@hotmail.com ou entrando na páxina de Facebook Concierto Solidario: "Pontevedra con Haití".
Actualmente contan con 3178 miembros, en menos dunha semana de fundado.




O próximo día 16 de Decembro ás 20 h terá lugar no Teatro Rosalía da Coruña un Concerto Solidario a cargo do Conservatorio Pofesional de Música da Coruña.
Este concerto será a beneficio do proxecto "Viaxe cara á Vida" da ONG Terra de Homes.
Neste concerto actuarán o Grupo de Percusión Attacca, o Coro Infantil e a Orquestra Sinfónica do Conservatorio.
O custo das entradas é de 6 €, podendo adquirirse nos propios despachos do teatro o mesmo día ou con antelación nos despachos da Praza de Ourense.
Existe tamén a posibilidade da FILA CERO: 2091 0042 16 3040013728.

A ONG Agareso (Reporteiros Galegos Solidarios) preséntase en Pontevedra o próximo xoves, ás oito e media da tarde no Teatro Principal.
Durante o evento, ademais, poderase disfrutar da proxección do primeiro documental realizado polos xornalistas da organización: “100% mujer”.
Trátase dunha reportaxe audiovisual na que se intenta plasmar a realidade da muller marroquí, e, en especial, das que traballan no sector do textil en Tánxer, un eido no que as empresas españolas deslocalizadas teñen moita responsabilidade social.
A través da historia de varias destas mulleres podemos facernos unha idea de cómo é a vida para elas no país magrebí, da explotación á que están sometidas e da situación de opresión masculina na que viven. O documental foi realizado en colaboración coa ONG Amarante.
Agareso aproveitará este evento para darse a coñecer a toda a sociedade pontevedresa, xa que, ademáis, o remate da proxección, desenrolarase unha mesa redonda na que se falará sobre a implicación dos medios no xornalismo solidario e social.
REPORTAXES ANTERIORES
A gran pantalla de Cine Áfríca
O Cambio climático, unha consecuencia máis dun modelo insustentable
Seminario O cambio climático, unha consecuencia máis dun modelo insustentable
Amarante celebrará en Pontevedra o seu décimo aniversario
Combater a fame e a pobreza, proxecto de todos
Mergullados en duas realidades: Sanxenxo/Sáhara
Educación sen Fronteiras mostra a realidade do Salvador no Barco de Valdeorras
Alumnos estadounidenses coñecen o proxecto Agareso
O fotografo de Agareso, Miguel Núñez, recibe o premio 'Novo Valor 2009'
O FONDO GALEGO ORGANIZA AS V XORNADAS ANUAIS DE COOPERACIÓN
A fotografía galega abre o obxectivo o nosomundo.com
O Comercio Xusto nun mercado transparente
Equus Zebra orientará as mulleres inmigrantes no eido laboral en Galicia
III Feira da Solidaridade e Diversidade en Carballo
Voluntarios galegos abren unha xanela á formación
Foro de análise sobre o voluntariado en Galicia
A maxia da natureza a través do obxectivo
Amigos da Terra coa cooperación e o desenvolvemento asociado ó medio ambiente
‘Achegate a cooperación’ exporase nos centros de Formación Profesional en Galicia
Médicos do Mundo percorren Galicia amosando unha 'FotogrÁfrica'
Emerxencias Galicia aborda o drama das pateras.
Un documental sobre as migracións en Senegal 'viaxa con esperanza' por Galicia.
'Maquila Boutique' na cidade olívica
Sesenta anos de incumprimentos sociais no celuloide
Melodias solidarias para proxectos educativos de Nicaragua
Interculturalidade: valores que se aprenden xogando
Artesanía 'De boa man' en Vigo
FotogrÁFRICA: o VIH/Sida retratado en primeira persoa
Semana da sustentibilidade como alternativa de vida
O fotografo Gabriel Tizón gana o premio Juan Cancelo pola súa serie 'Fútbol non comercial'
Fotógrafos de AGARESO presentan os seus traballos no 'Outono Fotográfico' de Ourense
Caixanova pon en marcha o Ciclo de Cine Solidario en Pontevedra
Os rostros da igualdade e a xustiza chegan a Ribadeo
A XXX Bienal de Pontevedra convirtese nun escaparate internacional do arte procedente do Magreb
O cine social volve a inundar Cannes na 61 edición do seu Festival Internacional de Cine