AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios)




"Ryszard Kapuscinski - Ébano"

O autor profundiza no continente africano, refuxindo as paradas obrigadas, os estereotipos e lugares comúns. Vive nas casas dos arrabales máis pobres, plagadas de "animalitos" e esmagadas pola calor; enferma de malaria; corre perigo de morte a mans dun guerrilleiro; ten medo e desespérase. Pero non perde a mirada lúcida e penetrante do reporteiro e non renuncia á fabulación

Redacción/AGARESO.-. Extraordinaria oportunidade de achegarnos a este marabilloso, descoñecido e moitas veces esquecido continente. Unha ocasión única para coñecer de primeira man algo da realidade que agocha. Axudaranos a comprender o seu presente e pasado recentes.

Naceu en Varsovia (Polonia 1932-2007). Escritor e xornalista, sufriu na súa infancia as consecuencias da Segunda Guerra Mundial, o que marcaría o devir das súas obras posteriores. Tras estudiar historia na Universidade de Varsovia, traballou como corresponsal de guerra durante moitos anos, colleitando un gran éxito gracias o seu peculiar estilo. Autor de culto, a súa produción literaria, influída nos últimos tempos pola súa paixón por África, foi traducida a multitude de idiomas e recibiu unha excelente acollida por parte do público e a crítica amante dos relatos de viaxes.


 

Eido social en letras:

"Unha americana consentida"

Hannah, membro dun grupo político clandestino, debe fuxir de Estados Unidos e buscar asilo en África occidental. Cando chega a Liberia coñece a un membro do Goberno. Cásase con él, se instala en Monrovia e forma unha familia, dando con elo a súa vida outra dirección. Os sangrentos tumultos sociais que estoupan no país durante a presidencia de Doe e coa aparición de Charles Taylor, un «señor da guerra» adestrado en Libia na loita de guerrillas, convirten Liberia nun país inhabitable para a protagonista, que se verá ante o dilema de abandonar a súa familia ou perecer con ela na guerra civil.

PONTEVEDRA, Chus Payo/AGARESO.- Tal vez o título non sexa moi atractivo nin orixinal, sen embargo, a novela chega a ser realmente escalofriante cando describe as terribles consecuencias das guerras civís africanas.

A historia dunha americana que emigra a Liberia e se casa cun político local, sirve para desenvolve-las diferenzas sociais dun continente que vive sumerxido en continuas guerras civís das que Occidente é en grande parte responsable.

Para aqueles que descoñecen a situación real do continente negro creo que pode ser una novela interesante e instructiva. Para mín así o foi. Espero que a disfrutedes e, sobre todo, que vos sirva como tema de reflexión e vos anime a conocer máis.



"O neno co pixama de raias"

O neno co pixama de raias, de John Boyne: Ademais de ser un dos libros máis vendidos dende a súa publicación, traducido a numerosos idiomas e cun proxecto de cine xa entre mans; foi finalista de varios premios literarios, entre eles o Premio Ungari Unicef.

PONTEVEDRA, Chus Payo/AGARESO.- A través dos ollos e da voz do pequeno Bruno, vemos como unha familia alemana debe emigrar ó campo a causa do traballo do pai. Os inocentes comentarios do rapaz amosaránnos unha nova perspectiva da miseria do nazismo: a daqueles que a xustifican e comparten.

Unha novela emotiva e dura, tenra e sinxela de obrigada e fácil lectura para mozos e adultos.

Nas librerías galegas podédela atopar facilmente en galego ou castelán, pero se sodes capaces de lela en inglés e podedes conseguila recoméndovolo (as traduccións sempre varían).


Volver arriba

Contacto | Aviso legal | Mapa do sitio |