Redacción/AGARESO.-A programación desta semana permite coñecer a experiencia de sustentabilidade das Ecoaldeas e proxectaranse a película “Construíndo con palla” con posterior debate. Ademais, os membros da Masa Crítica presentarán “O uso da bici como medio de transporte” e Carlos Abad falará sobre "Implicacións dos procesos de certificación da xestión forestal sustentable en comunidades nativas en América do sur: Os casos de Callería en Perú e Cristobal Colón en Ecuador". Esta semana da sutentabilidade, na Cova da Terra, en Lugo, estará centrada nas experiencias sustentables como as Ecoaldeas ou asentamentos sostibles como unha das posibles solucións para integrar un entorno social saudable e un estilo de vida de baixo impacto medioambiental. Ademais, proxectaranse a película “Construíndo con palla” con posterior debate sobre este documental alemán que amosa a situación actual deste novo sistema construtivo, diferentes exemplos e posibilidades de deseño de casas realizadas con balas de palla
Os membros da Masa Crítica presentarán “O uso da bici como medio de transporte” e Carlos Abad falará sobre "Implicacións dos procesos de certificación da xestión forestal sustentable en comunidades nativas en América do sur: Os casos de Callería en Perú e Cristobal Colón en Ecuador".
Esta proposta de dedicar a semana a sustentabilidade terá lugar dende o martes 18 de novembro ao venres 21 de novembro, ás 20:00 horas no local A Cova da Terra (Rúa Nóreas nº12 baixo). Entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que o soliciten. A entrada é libre.
REPORTAXES ANTERIORES
O fotografo Gabriel Tizón gana o premio Juan Cancelo pola súa serie 'Fútbol non comercial'
Fotógrafos de AGARESO presentan os seus traballos no 'Outono Fotográfico' de Ourense
Caixanova pon en marcha o Ciclo de Cine Solidario en Pontevedra
Os rostros da igualdade e a xustiza chegan a Ribadeo
A XXX Bienal de Pontevedra convirtese nun escaparate internacional do arte procedente do Magreb
O cine social volve a inundar Cannes na 61 edición do seu Festival Internacional de Cine