AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios)



Fundación Vicente Ferrer constrúe casas para unhas 10.000 persoas en Anantapur (India) grazas a solidarios valencianos

 

Redacción (Agareso).- A presidenta da Fundación Vicente Ferrer, Anna Ferrer, destacou que grazas á solidariedade valenciana se construíron máis de 2.000 casas para 10.000 persoas no deserto de Anantapur (India), que transformaron tamén en terreos cultivables, e este ano prevén construír outros 300 fogares nos que vivirán máis de 1.300 persoas.

Ferrer mantivo recentemente unha entrevista co presidente do Goberno valenciano, Francisco Camps, e o conselleiro de Solidariedade e Cidadanía, Rafael Blasco, para analizar os proxectos que están a desenvolver nesta rexión do estado de Andhra Pradesh, ao sur-este do país, coas subvencións que recibiu da Generalitat, que ascenden no seu conxunto a un total de 12 millóns de euros.

Ao respecto, destacou a "grande alianza" que mantén a Fundación con Valencia dende hai máis de 10 anos que permitiron que máis de 10.000 persoas que viven en 2.000 casas construídas grazas á solidariedade valenciana".

Así mesmo, explicou que estas axudas permitiron que este deserto "se convertese nun xardín, nunha terra que pode alimentar á súa poboación,". "E esta colaboración segue adiante", resaltou. Ademais, sinalou que este ano se construirán outras 300 casas máis que poden beneficiar a máis de 1.300 persoas. "É moi importante porque hai que previr que o deserto non volva ser un deserto".

Respecto á candidatura para conceder á Fundación Vicente Ferrer el Premio Nóbel de la Paz, destacou: "con todo o apoio que temos en España e en Valencia xa gañamos o Nóbel".

Pola súa parte, o conselleiro de Solidariedade e Cidadanía, Rafael Blasco, resaltou que esta alianza "demostra o compromiso do pobo valenciano e das súas institucións, concretamente da Generalitat", que, resaltou, "dende o primeiro momento estivo a colaborar nos proxectos que promove a Fundación".

Ao respecto, resaltou que están "moi orgullosos dos resultados" conseguidos xa que permitiron "a emancipación, liberación e a independencia de miles de persoas", que "teñen unhas condicións de vida das que carecían antes de que a Fundación e a Generalitat establecesen estes proxectos de cooperación ao desenvolvemento".

Volver arriba

Contacto | Aviso legal | Mapa do sitio |