AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios)



Medra a pobreza: O 1% das familias controla o 35% da riqueza mundial

A pesar da crise económica que azota os mercados desde finais do ano pasado, as riquezas persoais dos millonarios do mundo subiron un 5 por cento ata acadar os 109,5 billóns de dólares (76,6 billóns de euros), segundo un informe publicado polo grupo estadounidense Boston Consulting.

(06-09-2008) Redacción/AGARESO.- É o sexto ano consecutivo en que medran as maiores riquezas do mundo. Ademáis, segundo os datos do informe, o crecemento é maior nos países en desenvolvemento, como China, e entre familias que levan tempo tendo tanto diñeiro.

O 1 por cento de todas as familias posuían o ano pasado o 35 por cento das riquezas do mundo, e o 0,001 por cento, os máis ricos entre os ricos, que posúen polo menos 5 millóns de dólares (3,5 millóns de euros) en activos, contaban con 21 billóns de dólares (14,7 billóns de euros), un quinto da riqueza mundial total.

Ademáis, seguen aparecendo novos millonarios cada ano, aínda que sobre todo nos países emerxentes de Asia e América Latina. O número de familias millonarias no 2007 medrou un 11 por cento ata os 10,7 millóns. BCG resalta tamén que, mentras os ricos seguen sendo ricos, realizaron varios axustes como resultado da crise financeira.

Durante este ano, os activos estanse invirtiendo en elementos máis conservadores e o diñeiro estase quedando nos mercados nacionais, ademáis dun descenso do investimento. O crecemento da riqueza persoal norteamericana reduciuse un 3,8 por cento o ano pasado, comparado co 9 por cento de 2006, o que reflicte a crise de hipotecas e crediticia.


Volver arriba

Contacto | Aviso legal | Mapa do sitio |