AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios)



A Xunta destina case 70.000 euros á colaboración en programas agrícolas de reinserción de toxicómanos

A Consellería de Medio Rural destinou no 2008 un total de 68.000 euros ao financiamiento de diversas liñas de formación do programa educativo terapéutico 'Proxecto Home Galicia', da asociación co mesmo nome, co fin de axudar a persoas dependentes das drogas a través de actividades relacionadas co medio rural.

(28-09-2008) Redacción/AGARESO.- En concreto, no que vai de ano desenvolvéronse cinco cursos de formación en horticultura, fructicultura, manipulación de produtos fitosanitarios básicos, xardinaría e iniciación ao adestramento de cabalos, desenvolvidas en distintos puntos da entidade Proxecto Home na comunidade galega.

O apoio de Medio Rural céntrase na segunda etapa do proceso terapéutico posto en práctica por 'Proxecto Home', unha vez que a persoas se acolle a este programa e supera a fase inicial de "romper" co consumo de drogas, se afonda na intervención psicoterapéutica e increméntase o proxecto educativo.

Segundo explicaron os organizadores nun comunicado de prensa, nesta fase do proceso de desintoxicación o contacto co medio rural aprovéitase como rehabilitación, a modo de terapia e para a consolidación dos valores cívicos dos integrantes do programa.


Volver arriba

Contacto | Aviso legal | Mapa do sitio |