AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios)



Alianza Contra a Pobreza denuncia que o 0,7% e as axudas non son suficientes

A pesar de que o Goberno español vai ben encamiñado para lograr o seu obxectivo de destinar o 0,7 por cento do PIB ao desenvolvemento humano no 2012 e de que se comprometeu durante a Asemblea Xeral de Nacións Unidas a aumentar as axudas oficiais ao desenvolvemento (AOD), a Alianza Mundial Contra a Pobreza denunciou este venres que España non abordou os mecanismos de débeda externa e que mantén unha gran cantidade de subsidios comerciais, dúas barreiras que impiden reducir a pobreza no mundo.

(28-09-2008) Redacción/AGARESO.- España mantén mecanismos de débeda externa e subsidios á produción e os avances neste senso foron moi poucos. Aínda así, o presidente do Goberno español ratificou o seu compromiso de acadar o 0,7% do PIB e o ministro de Asuntos Exteriores, Miguel Ángel Moratinos, anunciou novas partidas de axuda para o Fondo do Auga, o Fondo España-PNUD, a iniciativa de Vía Rápida para a Educación e o proxecto 'Delivering as one'.

A Alianza Española contra a Pobreza denunciou que a débeda externa que moitos países en desenvolvemento manteñen cos ricos non se puxeron sobre a mesa durante a reunión e sinalaron que a cantidade de diñeiro que os países empobrecidos destinan ao pagamento de débeda externa é superior ás AOD que os países do Norte entregan cada ano. Para cambiar esa tendencia, pediron ao Goberno español que aborde a débeda externa e cancele o 100% da débeda aos países que máis o necesitan.


Volver arriba

Contacto | Aviso legal | Mapa do sitio |