AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios)

“Un reporteiro galego comprometido é algo máis que unha imaxe ou un milleiro de palabras.

É un enviado especial a unha sociedade do futuro aliada coa esperanza”.

e-mail

Mellorar a policía afgana para dar maior seguridade á poboación

l

O 83 por cento dos policías de base de Afganistán son analfabetos e descoñecen as leis que teñen que aplicar e a maior parte deles son corruptos e abusan da súa posición. Intentar poñer fin a esta circunstancia que provoca que boa parte da poboación se sinta insegura e loitar contra a sensación de desamparo está agora en mans dun pontevedrés, o cabo primeiro da Gardia Civil Xoaquín Cortizo, que o pasado 12 de marzo se desprazou ata o país afgano dentro dunha misión policial da Unión Europea (EUPOL) que ten como obxectivo contribuír ao desenvolvemento e establecemento dunha policía moderna no país afgán.

Máis reportaxes de AGARESO


Duncan Green, de Intermoon Oxfam: "Podemos acabar con esta desigualdade obscena"

O director de investigacións de Oxfam Internacional, Duncan Green, acaba de dar vida o seu libro 'Da pobreza ao poder', unha obra que recompila a experiencia acumulada tras longos anos traballando á pata da desigualdade e intentando explicar as causas da pobreza extrema así como os seus posibles solucións. Nunha entrevista concedida a axencia Europapress analiza as desigualdades no mundo e as perspectivas de superarlas con novos plantexamentos económicos.

Máis entrevistas de AGARESO




niños

SI, á protección dos dereitos da infancia

Máis campañas solidarias



Vilnius drunk

Un dos problemas que aqueja a Lituania é o Alcoholismo (segundo eles herdanza da antigua URSS).Esta imaxe tomada nunha céntrica praza de Vilnius polo fotografo de AGARESO, Pelu Vidal, repítese en moitos lugares do país, sobre todo en zonas rurais.A maioria dos afectados son homes de mediana idade que non conseguen adaptarse aos novos tempos.

Máis fotos de AGARESO


S.O.S ós amigos da terra

Amigos da Terra propón accións urxentes para loitar contra o cambio climático. É imprescindible manter o aumento medio da temperatura por debaixo dos 2ºC, e recortar as emisións de gases de efecto invernadoiro nos países industrializados polo menos nun 80% antes do 2050. Según esta organización galega, algúns dos impactos deste problemático fenómeno pasan pola desconxelación do Himalaia, provocando enormes torrentes de auga que arrasan pobos enteiros, desertificación de extensos territorios avanza (como no Mediterráneo), enfermidades como a malaria ou dengue, asi como aumento do nivel do mar. Neste último medio, este colectivo efectua un proxecto de cooperación para fomentar unha pesca artesanal non agresiva, campo de traballo para una expedición de AGARESO, o vindeiro ano.

Máis vídeos no Canal 0,7% TV Solidaria


As experiencias co povo saharaui na onda

A repercusión do proxecto emprendido por unha expedición de reporteiros galegos solidarios tivo resonancia nunha das principaís cadenas de radio en Galicia. No programa 'Gente Viajera de Galicia' de Onda Cero, intervino a xornalista Lara Varela para resumir as edificantes experiencias vividas no medio de vida do povo saharui. Pero, todo escomenzo co seguemento de cativos que participaron no programa 'Vacaciones en Paz' no concello de Sanxenxo, durante os meses de veran. Posteriormente, viaxaron ata os campamentos de refuxiados do Sáhara coa finalidade de facer un contraste da infancia en dous modelos moi dispares de desenvolvemento.

Máis audios na Radio á carta


 


 

AGARESO en Marrocos

por Reporteiros de AGARESO

 

Máis blogs


 

"La solidaridad no es lejía"

Alberto Quian.

 

 

O Colectivo do Menor denuncia que os centros están "desbordados" por falta de medios

O presidente do Colectivo Galego do Menor, Ángel Martínez, recoñeceu que os centros de menores de Galicia están "desbordados" para facer fronte á demanda de acollida por carecer de recursos necesarios e solicitan a Vicepresidencia unha urxente solución a esta situación.

O Foro Galego de Inmigración denuncia casos de "acoso policial" a persoas en situación irregular en Santiago e A Coruña

O Foro Galego de Inmigración denunciou o "acoso policial" que han sufrido persoas inmigrantes en situación irregular tanto en Santiago de Compostela como na Coruña, polo que esixiu unha reunión urxente co subdelegado do Goberno na provincia. .

Máis novas de Galicia

Un 9% dos indixentes de Madrid e Barcelona son universitarios

Máis de 600 persoas durmen cada noite nas rúas de Madrid e Barcelona, e a maioría son homes mozos, estranxeiros, e cun nivel de estudos baixos, sen embargo, ao redor dun 9 por cento son universitarios, segundo o estudo '¿Quen durme na rúa?' presentado por Caixa Catalunya. O estudo, que forma parte da colección 'Ferramentas para a Inclusión', baséase nos recontos que perto de 1.000 voluntarios efectuaron durante as noites do 12 de marzo e 28 de abril nas cidades de Barcelona e Lleida, e na noite do 26 de febreiro en Madrid.

O Goberno autoriza a sinatura da Convención contra as Bombas de Acio

O Goberno acaba de autorizar a sinatura por parte de España da Convención sobre Municións de Acio, acordada o pasado 30 de maio en Dublín, cuxo obxectivo é prohibir o emprego, desenvolvemento, produción, adquisición, almacenamento, conservación e transferencia de municións de acio que causan danos inaceptables ás civís.

Máis novas de España

Organizacións combaten a discriminación feminina en India mediante 'mahila sangams' ou grupos de mulleres

A ONG española Mans Unidas e a organización india Madurai Multipurpose Social Service Society (MMSSS) combaten a discriminación feminina en India mediante os 'mahila sangams' ou grupos de mulleres, que teñen como obxectivo reunirse en conxuntos de quince ou vinte persoas para recibir formación sobre os seus dereitos e intercambiar experiencias.

.Uns 1.200 millóns de persoas no mundo non teñen acceso ao auga potábel

Uns 1.200 millóns de persoas en todo o mundo non ten acceso ao auga potábel, segundo afirmou este venres o director da Oficina de Nacións Unidas de apoio ao Decenio Internacional para a Acción 'Auga Fonte de Vida', Carlos Fernández-Jáuregui.

Máis novas internacionais


Volver arriba