
O lume da dignidadeA ONG Amarante denuncia, cunha carreria solidaria, os abusos laboraies que sufren os traballadores do Terceiro Mundo contratados polas grandes firmas de roupa deportiva. Emulando o paso do facho olÃmpico por Pontevedra, esta asociación intenta acercar os galegos a explotación que sufren estos traballadores en paÃses como Thailandia, India, Indonesia, China ou Vietnam. Tamén denuncian a falta de implicación do Comité OlÃmpico Internacional para presionar a firmas como Nike ou Adidas na procura dunha mellora laboral destas persoas.
|
|

"Os xitanos tamén son seres humáns" en Caritel (Pontecaldelas)PONTECALDELAS (PONTEVEDRA), Javier Cervera/AGARESO.- O reporteiro gráfico Javier Cervera inmortaliza unha denuncia de racismo na parroquia de Caritel, municipio de Pontecaldelas. Neste lugar, foron realoxadas dúas familias trala demolición, por orde xudicial, da súa infravivenda do poboado xitano do Vao. A situación creada polos veciños receptores elevou os niveis de tensión social e en calquera esquina se pode ler un artesán cartel en contra da continuidade dos xitanos reubicados nunha casa unifamiliar. Ata o punto que o propietario dunha das principais cafeterÃas da zona non solicita o carné ou o número de euros que contén a carteira para servir un café cortado ou con leite. Neste caso, a cor da pel é a condición 'sine quanum' para degustar ou non na barra ou nunha mesa unha consumición. A súa reivindicación apela a un dereito fundamental básico: recibir un trato igual que os demais.
|
|

Unha década de loita a prol do comercio xusto no mundoPONTEVEDRA, Javier Cervera-Mercadillo/AGARESO.- A cidade de Pontevedra celebrou o dÃa 10 de maio o DÃA MUNDIAL DO COMERCIO XUSTO, no que se realizaron, entre outras actividades, a 10ª Festa do Comercio Xusto con: Exposición e venta de produtos, contacontos, degustacións de reposterÃa, pintura de cara, manualidades e xogos interculturais e música en vivo.
|
|

Maternidade na humildadePONTEVEDRA, Javier Cervera/AGARESO.- A maternidade non entende de clases, razas ou nacionalidades. É un sentimento que emerxe das cavidades máis profundas dunha nai. Sempre está visible, en calquera acto cotián somos capaces de tropezar con el. A entrega emocional e espiritual non coñece condicións. A súa expresión, en calquera pasaxe da vida, é dun valor tan elevado cás posibles comodidades do escenario onde prodúcese son ignoradas: ¿por qué será? O fotógrafo Javier Cervera retén na sua cámara un deses máxicos instantes. FÃxoo no interior dunha chabola, nunha das súas incursións ao poboado xitano do Vao (municipio de Poio). Por aquel entón eran noticia. Falaban e escribÃan das súas crÃticas circunstancias vitais. O conflito dos realoxos polos derribos de chavolas situou as súas vidas no centro de tódolos obxectivos. Agora, trancorridos meses, o interese da sociedade por coñecer o seu dÃa a dÃa é inexistente. Por iso, Javier Cervera pregunta con esta imaxen: ¿que foi deles?, ¿mellorou a súa existencia?
|
|