AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios)



Vilnius drunk

p

LITUANIA Pelu Vidál/AGARESO.- Un dos problemas que aqueja a Lituania é o Alcoholismo (segundo eles herdanza da antigua URSS).Esta imaxe tomada nunha céntrica praza de Vilnius polo fotografo de AGARESO, Pelu Vidal, repítese en moitos lugares do país, sobre todo en zonas rurais.A maioria dos afectados son homes de mediana idade que non conseguen adaptarse aos novos tempos.

Lituania sufriu un troco substancial desde o seu ingreso á UE no 2004, o seu crecemento económico é dos mais altos da Unión, a pesar de iso mantén seu primacía mundial como país con maior número de suicidios, este fenómeno atópase presumiblemente asociado ao problema do alcoholismo.



OS PES DA INDIXENCIA

A CORUÑA Gabriel Tizón/AGARESO.- Un reparador sono a plena luz do día e no centro dunha cidade como A Coruña é captado pola cámara de Gabriel Tizón. Un indixente desnudo de calzado desvela un problema social sen demasiados éxitos nas solucions adoptadas. Integrado no paisaxe urbano, de xeito cómico, acompañado na sua actividade petitoria dunha moneca de xoguete, persigue colorear a crudeza da sua realidade con un tono cómico e mordaz.



Camiñando polo arcen sen distincions

PONTEVEDRA, Joel Martínez/AGARESO.-A inseguridade vial para os peons nas estradas galegas non fan distincions entre étnias, culturas, procedencias e creencias. Joel Martínez recolle co obxectivo da cámara un claro e modélico exemplo de integración na nosa sociedade. O grave problema da carencia de beiraruas en viais como o que une Vilagarcía con Pontevedra foi asumido, sen complexos, por esta familia de orixe magrebí.

 

Pola igualdade que todos nos merecemos

 
 

VIGO, Carlos Fernández/AGARESO.-Sandalias e pedras traídas dos cinco continentes como símbolo do "camiño que as mulleres percorren en defensa dos seus dereitos e dun mundo mellor". Con elas, as mulleres queren reivindicar cousas tan sinxelas e tan dignas como o acceso á alimentación de tódolos pobos, o fin da violencia de xénero ou das guerras no mundo. E o fixeron reuníndose en Vigo dentro do VII Encontro Internacional da Marcha Mundial da Mulleres onde persoas de tódalas etnias e nacionalidades recordaron que somente coa dignidade pódese conquerir unha liberdade que, moitos, mulleres e nenos, por exemplo, teñen que continuar a gañar diariamente a pesar de que os Dereitos Humáns recoñecen que tódos somos iguais. Esa loita compete a toda a sociedade. Loitemos pois, é gratis.

 

 

Cálidas e cómplices conversas nas azoteas de Tánxer



TÁNXER (MARROCOS), Miguel Núñez/AGARESO.- As mulleres marroquís do humilde barrio de Bir Chifa, na cidade de Tánxer, aproveitan o solpor para reunirse nas azoteas dos inmobles de ladrillo desnudo e desenvolver unha das grandes características da sua cultura: a conversa. Comunicar as imprensions de como evolucionou o día non require de abundantes recursos. Elevarse a esas alturas non significa que una deba responder a un perfil determinado. O termómetro baixa de graos e, sen sabelo, marca o inicio de calidas e complices conversas de mulleres con poucas oportunidades de expresar os seus pensamentos. Unha fotografía de Miguel Núñez convirtese un exemplo indiscreto de ese espacio autoreservado para elas.



A espera

GUINEA BISSAU, Gabriel Tizón/AGARESO.- O fotografo social Gabriel Tizón percorreu ou pasado Agosto Guinea Bissau. A imaxen foi tomada nun cemiterio en plena época de cólera, enfermidade que a mata a moita xente cada día, sobre todo nenos e ancians. Esta denuncia gráfica e uns elementos mais que simbólicos da situación que pode estenderse a numerosos países de Africa. O problema é tan grave que ou Fondo das Nacions Unidas para a Infancia (UNICEF) aumentou esforzos por controlar un virulento brote de cólera que provocou a morte de ao menos 96 persoas nos últimos catro meses. Só na primeria semana de setembro, se reportaron 300 casos novos de cólera no mecionado país.



O milagro da choiva no Sáhara

SÁHARA, Pelu Vidal/AGARESO.- “Chove, Chove, Chove”. Dous anos transcurriron para que a choiva volvese a mollar area do Sáhara. Embarek da saltos polo pasillo berrando “chove, chove, chove” e sae na busqueda do milagro da auga caída do ceo no Sáhara. Os maiores miran para arriba a agardan que non se repitan as inundacions que levaron por diante as suas casas no año 2006. O reporteiro gráfico, Pelu Vidal, capta no obxectivo da sua cámara como un xoven busca protección da choiva tras unha sombrilla.



Unha sonrisa refuxiada nun almorzo con aroma galego

SANXENXO (PONTEVEDRA), Pelu Vidal/AGARESO.- A feliz expresión de Jadija, ante a abundacia dun almorzo na sua casa de acollida, resume a estancia vivida este verán en Sanxenxo. Alonxada dos campamentos de refuxiados saharuis, durante os meses de xullo e agosto, esta cativa amosa con sinceridade incontestable como convertir en algo moi especial o feito cotián de degustar unha enerxética primeira comida do día. O reporteiro gráfico, Pelu Vidal, recolleu a maxia dun cálido tazón de leite rebosante de valores.



Mergullado nas augas da infancia saharuí

SANXENXO (PONTEVEDRA), Pelu Vidal/AGARESO.- Unha das nenas saharuis goza das augas das rías Baixas durante a súa estancia estival no municipio de Sanxenxo. O programa 'Vacacións en Paz' deixou momentos inmortalizados polo reporteiro gráfico de AGARESO, Pelu Vidal. Sen dúbida, esta imaxe convida a tódolos espectadores a somerxerse na realidade da infancia saharui.



O despertar da muller marroquí

TANGER, Miguel Núñez/AGARESO.- A timidez do espertar é unha das características da muller marroquino. Os cambios sociais que lidera non achegan, polo momento, un espazo repleto de liberdades. Só se divisan algunhas no horizonte e, en ocasións, parece que a súa luz é tan intensa que cega. Miguel Nuñez inmoraliza, nesta imaxe, a unha traballadora do téxtil e nai de seis nenos en plena reflexión sobre o futuro da muller no Magreb.



Cargando coa resignación laboral na cidade da Paz (Bolivia)

LA PAZ (BOLIVIA), Pelu Vidal/AGARESO.- O reporteiro gráfico, Pelu Vidal, tomou esta foto na zona vella da cidade da Paz. Situada a máis de 3000 metros de altitude, calquera esforzo físico require un gran desgaste de enerxía para os seus cidadans por motivos orográficos. Pero, as posibilidades de traballo son tan escasas que a resignación laboral está visible en miles de exemplos: homes pululando polas empinadas costas carrexando mercancias que en ocasións superan os 40 kg de peso.



"Os xitanos tamén son seres humáns" en Caritel (Pontecaldelas)

PONTECALDELAS (PONTEVEDRA), Javier Cervera/AGARESO.- O reporteiro gráfico Javier Cervera inmortaliza unha denuncia de racismo na parroquia de Caritel, municipio de Pontecaldelas. Neste lugar, foron realoxadas dúas familias trala demolición, por orde xudicial, da súa infravivenda do poboado xitano do Vao. A situación creada polos veciños receptores elevou os niveis de tensión social e en calquera esquina se pode ler un artesán cartel en contra da continuidade dos xitanos reubicados nunha casa unifamiliar. Ata o punto que o propietario dunha das principais cafeterías da zona non solicita o carné ou o número de euros que contén a carteira para servir un café cortado ou con leite. Neste caso, a cor da pel é a condición 'sine quanum' para degustar ou non na barra ou nunha mesa unha consumición. A súa reivindicación apela a un dereito fundamental básico: recibir un trato igual que os demais.



Un deserto de futuro incerto

SÁHARA, Pelu Vidal/AGARESO.- As fotos foron captadas nos acampamentos de refuxiados do Sáhara. Tres imaxes ofrecen unha panorámica dunha realidade única. Un povo sobrevive con limitados recursos sobre un deserto sen certidumbres no futuro. Froito dunha historia mal xestionada, milleiros de persoas persiguen un oasis de esperanza neste inhospito lugar. Este mes de septembro, o autor formará parte de unha expedición coordinada pola xornalista Laura López que viaxará o territorio africano coa finalidade de visibilizar a cooperación das ONGs galegas presentes.

A primeira: nenos, Na Wilaya de Dajla, a pesar de ser un lugar inhospito e sen apenas medios, o pobo saharauí dálle moita importancia á educacion e o nivel de analfabetismo é case nulo, esta foto esta feita nunha escola para menores.

A segunda: nai e filla durmindo. no acampamento o 27 de febreiro. Esta é a casa dunha tipica familia saharauí, fórmana a nai o pai e 7 fillos, as súas idades van desde 1 ano ata 18,,,na foto se ve á nai descansando ao lado da súa filla Gagmula.

A terceira: A muller e a súa filla, é unha imaxe realizada na wilaya de Ausederd, Hasima e a súa filla Fanna descansan dentro da súa casa de adobe mentres afora a calor é insoportable.



Degustar un desayuno solidario no corazón da cidade olívica

VIGO, Carlos Fernández/AGARESO.- Un café, unhas magdalenas, froita fresca e a ilusión fixo partícipes aos cidadáns de Vigo da celebración dos dez anos de Plan Local de Drogas e outras Adiccions, así como o labor de Médicos do Mundo en Vigo. O pasado día 10 de Xullo foi habilitado unha “sala de calor e café” na que se serviu un almorzo solidario en plena rúa do Príncipe. Ademais, ofrecéronse outros servizos repletos de altruísmo como: un roupeiro gratuíto, un corte de pelo, información sobre prevención de VIH e doenzas de transmisión sexual ou material preventivo gratuíto. Tamén, realizáronse actividades para difundir prográmalos de Redución de Danos asociados ao consumo de drogas que levamos realizando desde o ano 1995 na cidade.

Con motivo da celebración do X Aniversario do Plan Local de Drogas e outras Adiccións de Vigo, puxose en marcha unha campaña de visibilización e sensibilización que mostrou unha realidade a veces descoñecida na gran cidade galega: centos de persoas que día a día teñen que vivir na rúa, sen un fogar, nin recursos hixiénicos e alimenticios básicos e que ven agravadas as súas problemáticas sociais e sanitarias co consumo abusivo de todo tipo de drogas.



Degustando un 'café xusto' no peirao da antiga estación marítima de Vigo

VIGO, Carlos Fernández/AGARESO.- O autobús do café, que ten o obxectivo de incrementar o coñecemento que temos sobre o comercio xusto e sensibilizar sobre a crise do café, a través do o noso traballo en países como Nicaragua e Guatemala estivo estacionado na antigua Estación Marítima de Vigo. Dende o 27 de setembro do ano 2007, a exposición itinerante Descobre o aroma dun mundo máis xusto está percorrendo a xeografía española. Con ela Intermón Oxfam quere dar a coñecer a realidade dos pequenos produtores de café dos países pobres, mostrar a calidade do seu traballo e impulsar por parte das consumidores españois unha compra consciente que, ademais do prezo, valore as condicións de produción e o respecto ao medio ambiente.

O autobús está distribuído en catro áreas: Unha zona sensorial na que se degustou o café de comercio xusto. Ademais, de convidar aos asistentes a facer unha cata táctil e olfativa a través da que aprenderon a diferenciar un café de boa calidade doutra dunha calidade inferior. Outra zona de experiencias na que a través de varios xogos os visitantes entenderon en que consiste o comercio xusto e como iso afecta á vida de miles de persoas. Tamén, un área de coñecemento onde unha exposición gráfica motivaranos a reflexión e o sentido crítico sobre o concepto de comercio xusto e a realidade do café. Se atopará información sobre a crise do café, os tipos de café, as variedades de café Intermón Oxfam, os seus prezos e puntos de venda. Por último, un espazo de acción na que todos puideron sumarse á rede de persoas sensibilizadas a través dun ordenador conectado a Internet



Intercultural relevo xeneracional na lonxa de Vigo

VIGO, Miguel Núñez/AGARESO.- A substitución xeracional non foi esquivo á lonxa da cidade de Vigo. Esta lei natural rompe cos patróns convencionais para adaptarse aos novos tempos. Aqueles que esperaban entregar o testigo aos máis mozos do país se han visto sorprendidos ao ceder a praza do seu tradicional oficio a persoas con outra nacionalidade, lingua ou cor de pel. Sen entender ben o por que, as novas xeracións buscan emprego en profesións afastadas do peirao.

A historia do mar en Galicia hunde as súas raíces nunha profesión protagonizada ancestralmente por persoas de orixe autóctono. O rexo estamento familiar logrou conservar tradicións como o traspaso do traballo de pais e nais a fillos. Na lonxa máis importante do noroeste peninsular, os homes e mulleres galegos mantiveron intacto a ponte que une o mar coa terra. Lograron transformar a comercialización do pescado nunha arte inconfundible; capaz de incluír nos nosos acentos de identidade unha marca imborrable.

O trafego, as idas e vidas, os elevados tons de voz no musical idioma galego para puxar unha partida de pescado ou combater o frio da madrugada do inverno do atlántico, abrigados pola mesma pel, pasaron á historia. Agora, son eles e elas as que tiran dos carros, as caixas, as bandexas repletas de riqueza extraída das profundidades do mar. A pesar de ter nome e apelidos; responder a unha orixe ou pertencer á historia dos centos de civilizacións dispersas polo planeta. Son inmigrantes. Persoas que, agradecidos, asumiron o rol social e laboral dun pobo nun proceso de troco. Ilusiónalles poder participar de nosa prosperidade. Sen embargo, ninguén esperaba ser testemuña dunha postal tan distante da herdanza cultural galega. A substitución xeración na lonxa de Vigo xa non é tradicional, é intercultural.



Maternidade na humildade

PONTEVEDRA, Javier Cervera/AGARESO.- A maternidade non entende de clases, razas ou nacionalidades. É un sentimento que emerxe das cavidades máis profundas dunha nai. Sempre está visible, en calquera acto cotián somos capaces de tropezar con el. A entrega emocional e espiritual non coñece condicións. A súa expresión, en calquera pasaxe da vida, é dun valor tan elevado cás posibles comodidades do escenario onde prodúcese son ignoradas: ¿por qué será? O fotógrafo Javier Cervera retén na sua cámara un deses máxicos instantes. Fíxoo no interior dunha chabola, nunha das súas incursións ao poboado xitano do Vao (municipio de Poio). Por aquel entón eran noticia. Falaban e escribían das súas críticas circunstancias vitais. O conflito dos realoxos polos derribos de chavolas situou as súas vidas no centro de tódolos obxectivos. Agora, trancorridos meses, o interese da sociedade por coñecer o seu día a día é inexistente. Por iso, Javier Cervera pregunta con esta imaxen: ¿que foi deles?, ¿mellorou a súa existencia?



Obrigados a amarrar a porto pola crise económica

VIGO, Miguel Núñez/AGARESO.- O inminente paro no sector da pesca afecta directamente a tódolos membros da flota galega, na boa parte composta por persoas procedentes de outras nacionalidades, étnias e culturas. A nosa inmigración tamén é susceptible de sufrir as adversidades económicas e laborais polas que atravesan estos profesionais do mar. Miguel Núñez inmortaliza a arribada a porto dun barco tripulado, entre outros, por un cidadán africano no peirao da cidade olívica.



Acomodado na indixencia da cidade olívica

VIGO, Miguel Núñez/AGARESO.- O devenir de persoas con escasos recursos persiste nas cidades galegas. Forman parte do paisaxe social e urbano, a pesar da ceguera de boa parte da sociedade. Miguel Núñez capta a un indixente en pleno casco vello de Vigo.



"Xogamos, crecemos e vivimos no sur"

SENEGAL, Miguel Núñez/AGARESO.- Cativos do Senegal disfrutan por igual dun refrescante baño. Zambullirse no auga, revolotear e berrar forma parte dun inocente xogo, admirado pola cámara fotográfica desplazada o país africano nun proxecto de cooperación internacional galega desenvolvido pola ONG Solidariedade Internacional.



Os "sin teito" que viven nas rúas de Vigo buscan defender a súa dignidade

VIGO, Carlos Fernández Cortiñas/AGARESO.- Medio centenar de indixentes recorreron as rúas de Vigo para reclamar políticas de realoxo dos 'sin teito' que viven na cidade olívica e que son desaloxados das casas abandonadas nas que residen. Convocada polo Grupo de Autoapoio VIH Sida e Adiccións 'Imán', a marcha recorreu a distancia que separa a Praza da Constitución, no Casco Vello de Vigo, do Concello, na Praza do Rei.



A indixencia, un problema que non se resolvé só con caridade económica

PONTEVEDRA, Joel Martínez/AGARESO.- A práctica da caridade só é un parche para abordar o complexo problema da indixencia ou mendicidade. Na actualidade, as rúas e zonas públicas das cidades galegas son o escenario cotián para o seu inxusto fomento.



O conflicto bélico de Irak con acento galego

VIGO, Carlos Fernández Cortiñas/AGARESO.- As concentracións en protesta contra a caótica situación en Irak cinco anos despois da invasión americana extendéronse polas grandes capitais españolas. Os ecos do conflicto bélico chegaron tamén as grandes cidades de Galicia, entre elas a de Vigo, coa celebración de un acto de solidaridade co pobo iraquí no que se denunciou que durante estes cinco anos de guerra morreron cerca de 600.000 persoas.



O lume da dignidade

PONTEVEDRA, Javier Cervera-Mercadillo/AGARESO.- A ONG Amarante denuncia, cunha carreria solidaria, os abusos laboraies que sufren os traballadores do Terceiro Mundo contratados polas grandes firmas de roupa deportiva. Emulando o paso do facho olímpico por Pontevedra, esta asociación intenta acercar os galegos a explotación que sufren estos traballadores en países como Thailandia, India, Indonesia, China ou Vietnam. Tamén denuncian a falta de implicación do Comité Olímpico Internacional para presionar a firmas como Nike ou Adidas na procura dunha mellora laboral destas persoas.



Unha década de loita a prol do comercio xusto no mundo

PONTEVEDRA, Javier Cervera-Mercadillo/AGARESO.- A cidade de Pontevedra celebrou o día 10 de maio o DÍA MUNDIAL DO COMERCIO XUSTO, no que se realizaron, entre outras actividades, a 10ª Festa do Comercio Xusto con: Exposición e venta de produtos, contacontos, degustacións de repostería, pintura de cara, manualidades e xogos interculturais e música en vivo.



Volver arriba

Contacto | Aviso legal | Mapa do sitio |