1-Que impresións se levará a xente despois de ver as películas de Cine África?
Vailles chamar a atención por toda a temática que trata. Pola creatividade que teñen os africanos, a forza que teñen ante a adversidade xa que son sempre construtivos, positivos e se enfronta a todo con moita dignidade e cun grande orgullo pola súa cultura e pola súa historia. Por outra parte a gran calidade deste cine que podería entrar perfectamente nos circuítos comerciais pola distribución que funciona dese xeito.
Eu animo a xente a que vaia porque é unha forma que eles che conten como eles se ven como africanos, sen intermediarios.
2- Asóciase a situación de África con conflitos entre bandos, guerras civís e desastres naturais. Tras as descolonizacións, que papel tiveron as ong´s no desenvolvemento da sociedade africana? Moita xente xúlgaas como de "paternalistas" con este continente.
Esta claro que dende as descolonizacións África, agora se cumprirán cincuenta anos, empobreceuse máis, a empobrecemos máis". Tras a 1º Guerra Mundial africana é a Guerra do Congo que causou máis de seis millóns de mortos. Pero os conflitos son minoría, en 53 estados, só en 10,15 existen conflitos. Hai estados nos que se avanzou e outros nos que non. Eu chamaría á reflexión dos medios de comunicación. Ademais de contar os feitos que contaran tamén as causas; por que hai países nos que os ditadores, hai conflitos permanentes e outros non? que multinacionais se están a beneficiar dos seus recursos naturais sen deixar nada a cambio, sen pagar nada a ninguén? Por que interesa que se manteñan réximes corruptos ou ditatoriais? Non hai corrupto sen corruptor. Temos que analizar iso para poder chegar ás causas reais.
3- Temos que entoar o "mea culpa"?
Eu creo que si. Hai moitos gobernos implicados como o noso ou os países nórdicos. É verdade que hai algunhas ong´s paternalistas pero hai que perdoar eses pequenos erros porque a vontade de solidariedade e de axuda é tan grande. Quizais se debería enfocar a axuda en cambiar as estruturas para que non fixese falta a axuda externa e o sistema poida participar para construír hospitais para os nenos e os demais, escolas para escolarizar á nenas (sobre todo) e nenos. Pero, insisto, non imos criticar isto e debemos recoñecer o seu labor.
É necesario que as empresas que operan alí o fagan con Responsabilidade Social. Pescanova, en Namibia, nun exemplo moi positivo xa que crea postos de traballo e contribúe ao crecemento do país.
4- A inmigración ilegal é un gran problema para os gobernos, algúns como Italia xa penalizan con cárcere aos inmigrantes ilegais Que opinión ten deste debate social e das controversias que xera?
O drama de xente preparada que atendendo á súa lexítima aspiración de vivir con dignidade (un dereito que teñen todos os seres humanos) teña que deixar o seu país e poñerse en mans de mafias sen escrúpulos. Son vítimas desta situación. A causa destes fenómenos migratorios masivos é que quen o fai é porque non ten expectativas dunha vida mellor. Veñen de lugares onde os nenos morren con cinco anos porque non teñen auga potable. Temos que axudalos, senón por solidariedade que sexa por egoísmo para que non teñan que vir aquí. É unha inxustiza da que somos responsables todos. Temos que crear expectativas en África, porque ninguén quere deixar a súa terra. Fai falta que ademais de gobernos, comunidades, etc, se impliquen tamén as empresas. E darlles a eles voz para decidir que hai que facer, porque hai xente moi preparada. E é necesario que as dúas partes gañen, senón non tería sentido.
5- Que consecuencias positivas podería traer a globalización?
É un tema do debate xeral. Estamos a ver o control das multinacionais e das grandes fortunas nas decisións globales.Con este fenómeno vese que hai diñeiro para salvar os grandes bancos pero non hai diñeiro para axudar a África. Esa perversa globalización pódeselle dar a volta e pódese converter en positivas. Por exemplo, coas novas tecnoloxías, poderiamos conseguir que se capaciten máis aos países en vías de desenvolvemento; precisamente a través da rede poidan saltarse moitas etapas de desenvolvemento e poidan acceder á educación, cultura. Os africanos teñen que ter voz no GR-20 ou no Consello de Seguridade da ONU para poder tomar as súas propias decisións. A crise financeira nos lles afectou porque quen ten tan pouco é inmune a esta crise; logo exportámoslla porque a súa fonte de financiamento básico eran as remesas que mandaban os inmigrantes da diáspora e estas se reduciron nun 40%. É necesario que as estruturas económicas se vaian modificando porque as subvencións non son suficientes. É necesario, tamén, que se integren nos mercados internacionais, nos organismos de decisión.
6-Cales son os países máis estables do continente e os que poden tirar dos demais?
Hai dous niveis. Por un lado a estabilidade política que propicia o crecemento e polo outro cuestionar como esta construída esa estabilidade; se existen dereitos humanos, transparencia administrativa. O caso de Guinea Ecuatorial que está a ter un gran crecemento. Outros, con sistemas democráticos máis asentados, como Sudáfrica ou Nixeria. Outros, que se están a estabilizar, como Ghana e Angola. Marrocos, que ten un sistema político cuestionable, pero cunha monarquía como a nosa.
7- Recoméndeme algún libro para un "ignorante" deste marabilloso continente.
Na nosa web pódese encontrar moita información útil: www.casafrica.es. Temos unha editorial de ensaio sobre diferentes temáticas africanas de actualidade: o terrorismo no Sahel, sobre o conflito de Darfur, sobre África e os medios de comunicación. Outra editorial dedícase a traducir libros de famosos escritores africanos da independencia como Emmanuel Dongala, El lume das orixes onde se relata o proceso de independencia a través da voz dun campesiño.
aboradores que son beneficiarios, e tamén ocontrario. A vida é un tiovívo, e cando para ás veces non che quedas no mellor lugar. Por separacións, “eu vendo os piso e
ENTREVISTAS ANTERIORES
“A vida é un tiovivo, e cando para ás veces non te quedas no mellor lugar”
"Os militares deben rexeitar as tentacións de intervir na vida política de Guinea Bissau"
Unha loita contra o turismo depredador
“O activismo ecolóxico son a mellores fontes de coñecemento das posibles agresións medioambientais”
“As familias claudican ante unha problemática asociada as drogas”
“O Xanela provoca que as persoas incluso cheguen a incorporarse á estrutura de Amarante”
A Odisea de Yusuf na súa viaxe ó norte
“Necesitamos un Foro Galego sobre Soberanía Alimentaria”
“Cruzando de noite as fronteiras de Benin con destino a Costa de Marfil”
Duncan Green, de Intermoon Oxfam: "Podemos acabar con esta desigualdade obscena"
"Calquera discapacidade no terceiro mundo supón unha marxinación."
Bendir Hadya: "Prefiro morrer defendendo a miña terra que vivir baixo a represión."
Claire Trichot: "Hai moitos nenos que non coñecen o significado do concepto familia e fogar."
Haydee Castillo: "Para nós, os especialistas médicos non son un dereito, son un luxo."
José Ángel Abraldes: "O camiño avanzado en España é un orgullo para os discapacitados visuais."
Carlos Estévez: "Sería honrado explicarlle ó público que non estamos facendo xornalismo"