AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios)



“O activismo ecolóxico son a mellores fontes de coñecemento das posibles agresións medioambientais”

 

A CORUÑA/Montse Fernández/AGARESO.- Acumula varios anos perseguindo os delitos medio ambientaís dende o Ministerio Público. Álvaro García Ortíz, fiscal de Medio Ambiente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, considera que na coordinación das distintas administracions está a clave para aplacar con dilixencia os delitos e as agresións ecolóxicas. Parte da base que o papel das asociacions defensoras do mundo verde é imprescindible para localizar un delito ou movilizar a sociedade en contra de esta clase de comportamentos. Recoñece que a información aportada polo activismo ecolóxico supera á procedente dos propios estamentos oficiais.


Para un mellor traballo da fiscalía na protección do medio ambiente é preciso desenvolver máis leis, endurecer as penas? yusuf

Non son necesarias mais leis, salvo cuestións moi puntuais, o importante é ter instrumentos de aplicación das que xa temos, clarificar os problemas de vixencia que poidan suscitar, e sobre todo, aumentar a capacidade de inspección das fontes de perigo ambiental.

Son suficientes os medios de investigación dos que dispón a fiscalía? que habería que mellorar?

Sen dúbida, é imprescindible que o que agora é un xerme acabe sendo unha estrutura estable con capacidade suficiente para emprender calquera tipo de investigación, debemos demandar máis medios para prestar un mellor servizo aos cidadáns.

Hai suficiente acción e coordinación entre as distintas administracións na loita contra os delitos ambientais?

Non, e debemos facer un esforzo nese sentido, hai ilícitos medioambientais que poden non chegar ás fiscalías ou aos xulgados por esa falta de coordinación, e hai ocasións nas que a resposta á agresión medioambiental se superpón e perde eficacia.

Canto hai de certo cando se di que para as empresas é máis barato pagar a multa que tomar as medidas que eviten  os danos ambientais que producen?


Cada vez é menos certo, pero non podemos obviar que precisamente a sociedade determinou que o castigo debe superar o ámbito do dereito administrativo, (multa), para impoñer sancións de natureza penal ante a posibilidade de que a cominación da coerción administrativa non sexa suficiente para defender o medio ambiente como ben xurídico constitucionalmente recoñecido.

Non sería necesario que houbese delitos ambientais tipificados no Código Penal se a acción do dereito administrativo fose suficiente.

Todos os anos sabemos polos medios de comunicación que hai numerosas detencións en relación aos incendios forestais. Pero cantos deles son procesados? cantas persoas son condenadas?

As detencións se publicitan, é certo, pero desde que o feito prodúcese e polo tanto a detención, ata que a sentenza se dita, pode pasar moito tempo, unha media de tres anos nos delitos de incendio.
 Ademais, as dificultades probatorias do delito de incendio non favorecen precisamente as condenas. Estamos nun estado de dereito, e iso non debe ser visto con receo, senón como un elemento para confiar na xustiza.
 En todo caso, o número de condenas en relación ao número de delitos é practicamente idéntico a outras tipoloxías delituosas, e iso non debe facernos decaer no esforzo de perseguir aos incendiarios.SUSO REGAL
 

Cal é ou papel das asociacións ecoloxistas con respecto á protección xurídica do entorno?

O seu papel é fundamental, non só como a conciencia colectiva da sensibilidade ambiental que son, senón tamén porque son os primeiros vixiantes e as mellores fontes de coñecemento das posibles agresións medioambientais.
 
A maioría dos avances na defensa do medio ambiente vén determinada polo activismo das asociacións ecoloxistas, o seu impulso é imprescindible para mobilizar á sociedade.
Desde outro punto de vista, a súa achega en forma de denuncias canaliza como fonte de proba practicamente toda a información que recibe a fiscalía que non procede de estamentos oficiais. Os cidadáns non adoitan denunciar ou poñer en coñecemento da Fiscalía os feitos que puidesen ser delituosos, e sen o concurso da asociacións ecoloxistas non teriamos información algunha dos problemas ou delitos medioambientais que puidesen afectarnos.
 

En que grado xulga vostede que están a cumprir a normativa ambiental as administracións públicas? e os cidadáns?
 
Nun grado parecido, a administración é en certo xeito un reflexo dos administrados, e en ambos casos o grado de cumprimento é mellorable.


Cal é a clave para acabar cos delitos ambientais?

A concienciación cidadá, sen ela, sen o control e a censura activa da sociedade destas condutas, o dereito penal nunca pode arranxar por se só os problemas ou as infraccións da clase que sexan.



ENTREVISTAS ANTERIORES

“As familias claudican ante unha problemática asociada as drogas”

“O Xanela provoca que as persoas incluso cheguen a incorporarse á estrutura de Amarante”

A Odisea de Yusuf na súa viaxe ó norte

“Necesitamos un Foro Galego sobre Soberanía Alimentaria”

“Cruzando de noite as fronteiras de Benin con destino a Costa de Marfil”

Duncan Green, de Intermoon Oxfam: "Podemos acabar con esta desigualdade obscena"

"Calquera discapacidade no terceiro mundo supón unha marxinación."

Bendir Hadya: "Prefiro morrer defendendo a miña terra que vivir baixo a represión."

Claire Trichot: "Hai moitos nenos que non coñecen o significado do concepto familia e fogar."

Haydee Castillo: "Para nós, os especialistas médicos non son un dereito, son un luxo."

Bubker O Khamlichi: "Agradecemos moito que voluntarias de Galicia se interesen polos nosos problemas e as súas posibles solucións."

José Ángel Abraldes: "O camiño avanzado en España é un orgullo para os discapacitados visuais."

Carlos Estévez: "Sería honrado explicarlle ó público que non estamos facendo xornalismo"

Sinaí Giménez: "¿Onde están os paios que se manifestan contra a droga en O Vao cando chega un barco cargado de cocaína?"


Volver arriba

Contacto | Aviso legal | Mapa do sitio |