AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios)



“Cruzando de noite as fronteiras de Benin con destino a Costa de Marfil”

 

A Coruña/AGARESO/ Estrella L.-  O xornalista Xaquín López presentou, en A Coruña, o libro sobre tráfico de nenos escravos, titulado: ‘As fronteiras crúzanse de noite’. O día 2 de septembro de 2007 publica un amplio reportaxe de investigación no xornal  El País sobre o ‘tráfico de cativos escravos no Golfo de Guinea’. O traballo é reproducido pola prensa internacional (News of the world y Courrier International). Posteriormente, en maio de 2008, apareceu o seu primeiro libro sobre ese mesmo asunto, ‘Las fronteras se cruzan de noche’ (colección Foca-Akal ediciones).

¿Como comenzou esta investigación?


Comenzamos fai tres anos, no verán do 2005, cando viaxei a Benin para facer unha reportaxe sobre a explotación infantil para Informe Semanal. E foi aí onde tomei contacto en primeira persoa sobre o problema do tráfico de nenos, xa que unha cousa vai ligada a outra.
Alí pude entrar en contacto con algún traficante que estaba dentro dun grupo de traficantes arrepentidos. Co que entrei en contacto, Agustín, todavía se adicaba a este terrible labor e convertinno no segundo protagonista do libro. Para conseguilos datos pregunteille se podería acompañalo na súa viaxe, dende que compra os nenos ata que os revende en Costa de Marfil.
Curiosamente non se negou pero me impuxo algunha condición, como por exemplo que somente dera  o seu nome de pila e que se se producía algún problema coa policía eu me fixera co reponsable do que estaba a pasar. Eu dixen que sí porque sabía que non tería outra opción e asumín o risco.


¿Por canto tempo acompañaste a esta persoa?


Aquelo foi somente conquerir o contacto. Logo pasaron dous anos, aínda que eu voltei a Benin varias veces máis, non somente para falar con él, senón para coñecer mellor o país. Foi entón, dous anos despois do primer contacto cando este home me chamou e me dixo que o autobús que ía levar ós nenos ata Costa de Marfil estaba a punto de partir. Saín inmediatamente para aló e acompañei os menores durante todo o seu viaxe que durou uns seis días.


¿Coñécese o destino destes rapaces?


Estos nenos foron enviados a varias capitais de países que se atopan ó redor de Costa de Marfil. O 90% dos que trafican con nenos son balineses, aínda que tamén hai algún nixerianos. Pero eu quería máis, e despois de coñecer cómo os trasladaban ata os seus compradores e de construir esa historia, regresei a Costa de Marfil para coñecer cómo e dónde estaban a ser explotados esos rapaces.
Algúns deles se atopaban na selva construido campamentos para a colleita do cacao, e cando remataran e chegara a época da colleita, pasarían a convertirse en peóns para a súa recollida.


¿É unha práctica habitual a venta de nenos no África Subsahariana?


Pois por desgracia, é unha práctica moi habitual, en especial para trasladalos a Costa de Marfil e Nixeiria. Faise á luz do día, sen esconderse de ninguén, aínda que toman as súas precaucións, evidentemente, porque saben que é un delito e non queren levar ningunha sorpresa coa policía se se produxera un chivatazo. Hai moita xente que se beneficia deste tráfico, entre outos os país dos nenos ou os xefes dos clans ou das tribus que tamén se levan un pico do negocio.


¿Cómo pode un separar a labor xornalística do sentimento de repulsa de ver cómo se abusa dos nenos?


Eu sempre digo que cando estou traballando son xornalista, aínda que evidentemente tamén son persoa e teño os meus sentimentos. Sen embargo, cando estou na faena póñome o meu traxe de xornalista coma se fora unha coraza, para intentar evitar que esto te afecte o menos posible e poder ser o máis obxectivo posible e contar os feitos como son, con toda a súa crudeza. É o mesmo que se estás cubrindo unha guerra. Hai que sobrevivir ó ambiente que te rodea para contar o que está a ocorrer. O primeiro obxectivo é informar, e despois xa te encargarás de poñer en orden os teus sentimentos.
As veces, penso que son como un xuiz que vai a levantar un cadáver ou un bombeiro que vai apagar un fogo e sabe que dentro da casa hai cadáveres… cada un busca a maneira de protexerse psicolóxicamente. Logo, de volta a España, todo volta e os sentimentos tamén.


O libro precisamente destaca eso… que o tráfico se fai a luz do día.


Sí. Porque todo é así: vaise ás aldeas de día, cómpranse os nenos nun ambiente no que todo o mundo colabora, onde todo o mundo sabe o que está a pasar… crúzanse ademáis as fronteiras dos países cos nenos sen documentación e sen nada, e os militares non poñen ningunha traba porque eles mesmos o que pretenden é sacar tallada desta miseria.


¿Non hai  nada que se poida facer?, é dicir, ¿non hai leis que protexan a estos rapaces?


Sí, claro que hai leis, e tamén hai ONGs que traballan sobre o terreo, en especial Unicef, que ten moito poder en África, de feito, é a segunda voz nos países, e logran presionar ós países… pero a impunidade ó final segue a ser total e é moi difícil actuar contra estas mafias con leis ou coa forza, porque este fenómeno está enraizado en tribus con creencias ancestrais na maxia ou no vudú.


¿E cómo viven os nenos sabendo que pode pasarlles algo así?


Poi curiosamente, neses países, no Golfo de Guinea, os nenos parecen moi felices a pesar dos problemas que teñen como a falta de comida ou de escolarización. Teñen sempre un sorriso na cara e non é finxida, senón real, porque é un sorriso inocente. E eso é un gran contraste: ver cómo os nenos están moi protexidos nun clan e sen embargo, non lles parece logo nada grave vendelo neno. Eles o toman como conquerir un soldo que axudará á familia a non morrer de fame. Eles o que realmente ven son os cartos e os beneficios que terán para o clan, non o sufrimento que vai pasalo neno.


¿Teñen futuro pese a todo as novas xeracións en África dende o teu punto de vista?


Pois o futuro é difícil de ver. Os colonialistas se foron pero deixaron alí os seus exércitos e as súas multinacionais. E non é maneira de que os países poidan conquerir así a súa independencia total. Por exemplo, o petróleo e o cacao está en mans dos países do norte… así nunca se pode conseguir nada propio. A débeda xurde de ahí, de que non lles deixan explotar os seus propios recursos e non se pode lograr así un reequilibrio da riqueza nin lograr un gobernó máis xusto.



ENTREVISTAS ANTERIORES

Duncan Green, de Intermoon Oxfam: "Podemos acabar con esta desigualdade obscena"

"Calquera discapacidade no terceiro mundo supón unha marxinación."

Bendir Hadya: "Prefiro morrer defendendo a miña terra que vivir baixo a represión."

Claire Trichot: "Hai moitos nenos que non coñecen o significado do concepto familia e fogar."

Haydee Castillo: "Para nós, os especialistas médicos non son un dereito, son un luxo."

Bubker O Khamlichi: "Agradecemos moito que voluntarias de Galicia se interesen polos nosos problemas e as súas posibles solucións."

José Ángel Abraldes: "O camiño avanzado en España é un orgullo para os discapacitados visuais."

Carlos Estévez: "Sería honrado explicarlle ó público que non estamos facendo xornalismo"

Sinaí Giménez: "¿Onde están os paios que se manifestan contra a droga en O Vao cando chega un barco cargado de cocaína?"


Volver arriba

Contacto | Aviso legal | Mapa do sitio |