AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios)



S.O.S ós amigos da terra

Redacción/AGARESO. - Amigos da Terra propón accións urxentes para loitar contra o cambio climático. É imprescindible manter o aumento medio da temperatura por debaixo dos 2ºC, e recortar as emisións de gases de efecto invernadoiro nos países industrializados polo menos nun 80% antes do 2050. Según esta organización galega, algúns dos impactos deste problemático fenómeno pasan pola desconxelación do Himalaia, provocando enormes torrentes de auga que arrasan pobos enteiros, desertificación de extensos territorios avanza (como no Mediterráneo), enfermidades como a malaria ou dengue, asi como aumento do nivel do mar. Neste último medio, este colectivo efectua un proxecto de cooperación para fomentar unha pesca artesanal non agresiva, campo de traballo para una expedición de AGARESO, o vindeiro ano.


Xóvenes talentos con 'capacidades diferentes' descobren o oficio de reporteiro en Vigo

Redacción/AGARESO. - Varios membros da Fundación Igualarte actuaron como reporteiros urbanos na cidade de Vigo, profundizando no oficio de conductor de autobuses de liña convencional da empresa concesionaria Vitrasa. Este traballo de notable factura permite valorizar o talento e a creatividade de aquelas persoas con capacidades diferentes. O audiovisual foi incluido no marco da exposición itinerante 'Encontros Diverxentes' que viste o interior dun autobus adapatado para tal fin e percorrer as principais urbes galegas dende o pasado mes de outubro. O longo desta semana, a vila olívica convirtese no final de traxecto para esta iniciativa socio-cultural.



agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

O primeiro proxecto internacional de AGARESO, protagonista dunha reportaxe na Televisión de Galicia

O traballo realizado pola expedición de reporteiros de AGARESO que o pasado mes de agosto viaxou a Tánxer (Marrocos) para a elaboración dunha reportaxe e unha exposición sobre a situación da muller nese país africano, foi o protagonista dunha reportaxe emitida este sábado no programa "A Revista" da Televisión de Galicia. É un aperitivo do extenso material que se trouxeron Carlos Fariña, Teresa del Río, Juan de Sola, Roi Palmás e Miguel Núñez e que verá a luz nos vindeiros meses.



Palestina: campo para Solidariedade Internacional Galega

Solidaridade Internacional en Galicia realiza intervencións nos estratos sociais e naquelas poboacións onde as secuelas da inestabilidade están máis presentes na realidade dos palestinos. Os principais obxectivos dos seus programas perseguen mellorar a situación sanitaria garantindo a cobertura das necesidades básicas en materia de atención sanitaria, saúde materno-infantil, saúde reprodutiva. A todo isto, súmase un maior desenvolvemento das infraestruturas sanitarias básicas e dos recursos humanos, así como a máxima integración do traballo das ONG no sistema de saúde palestino e optimización dos recursos de atención sanitaria. Pero, as accións sociais desta organización non acaban no campo da saúde. Entre outras actuacións, a asistencia xurídica a detidos/as en Israel e os Territorios Palestinos é un servizo cunha gran demanda na zona de intervención, dadas as actuais condicións de confrontación bélica e a falta dun entendemento pleno entre os dous países implicados no histórico conflito. Neste reportaxe, resúmese a actuación da cooperación internacional galega e española en casos individuais e moi diversa índole.



Agareso amosa a sua adhesión a campaña ‘Pobreza Zero’ impulsada pola Coordinadora Galega de ONGD

Organizacións Galegas como Solidariedade Galega ou Reporteiros Galegos Solidarios (AGARESO) amosaron a sua adhesión a campaña de ciber-acción ‘Pobreza Zero' contra as desigualdades no planeta posta en marcha pola Coordinadora Galega de ONGD. Os líderes dos oito países máis ricos e poderosos do planeta –o denominado G8- reuniranse en Hokkaido, Xapón, para celebrar a súa reunión anual. Este ano, desde o sete de xullo, abordarase o actual estado da economía mundial, cambio climático e desenvolvemento, facendo especial fincapé no aumento de prezos dos alimentos e as combustibles. A campaña Pobreza Zero permite que a sociedade civil exprese o seu malestar pola falta de medidas eficaces que reduzan a pobreza e que consigan achegarnos antes de 2015 ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) aos que se comprometeron máis de 180 xefes de goberno no ano 2000. Ata o momento, recolléronse miles de firmas en máis de 100 países. Para participar: galiciasolidaria.org



A muller marroquí, obxectivo de AGARESO

Un equipo de reporteiros de AGARESO preparan a grabación dun documental sobre as condicións da muller traballadora do textil de Marrocos. Para o vindeiro mes de agosto está previsto o salto o estreito de Gibraltar na procura de profundizar nunha realidade de inxustiza social e laboral. Diferentes escearios serán obxetivo do traballo xornalístico, dende o pobos de procedencia no interior do país alahuí ata as condicións de vida e traballo da muller nas zonas francas ubicadas na cidade de Tanxer, capital da deslocalización da producción das empresas europeas centradas no negocio do textil. Asemesmo, a presencia da cooperación galega de ONG´s como Amarante completará unha producción audiovisual de sensibilización ás sociedades do norte. Unha vez rematado o montaxe, Reporteiros Galegos Solidarios cederá de xeito altruista ós fondos da mencionada organización. Na seguinte reportaxe de Intermón Oxfam, facemos unha aproximación a situación das mulleres do Magreb e a sua notable distancia coa igualdade social.



Solidariedade coa China despois do devastador terremoto

Tres días de luto nacional a partires de esta semana, despoís de acadar unha cifra de mortos de 32.500 polo devastador seismo. Centos de réplicas sacudiron a provincia de Sichuan, tras o forte temblor de magnitude 7,9.



O balance de víctimas en Birmania superaría as 100.000

As cifras que se manexan na catástrofe provocada polo paso do ciclón Nargis por Birmania empezan xa a ser xélidas. Os peores augurios apuntan a que a cifra de mortos superaría o umbral dos cen mil. Persisten as dificultades para introducir no país axuda humanitaria procedente da comunidade internacional.



Tánger Xullo 2007 - Xornalismo Solidario - Panorámica

Panorámica global da realidade social e laboral da muller traballadora marroquí... Xornalismo Solidario Panorámica Tánger 2007.



AGARESO: feitos visibles

O principal reto do colectivo, composto por Reporteiros Galegos Solidarios, é a visibilidade dos feitos acontencidos en outras realidades. Dende o pasado mes de maio, AGARESO inicio a sua andaina na procura de dar luz a aqueles que caminan pola suas complexas circunstancias a cegas ou amplificar a voz de todalas persoas que denuncian as inxustizas e desigualdades e a trascendencia ten resultado esteril. Esta nova producción repasa os principales eixos das actuacions e móviles dos membros que centran os seus esforzos en explorar as deficiencias e as diferentes accions que as intentan mitigar en diversos puntos do planeta.


 

" Binta y la gran idea", un xeito de profundizar na sociedade senegalesa

A producción audiovisual realizada por Javier Fresser amosa, dende una perspectiva diferente, o desenvolvemento dunha sociedade cargada de valores e contrastes que reivindica a sua identidade e autonomía ante os países do norte.



Un documental elaborado por voluntarios de Enxeñeria Sen Fronteiras descubre os retos da organización en Mozambique

Un documental realizado por Nagore Fuldain e Juan Carlos Morales, voluntarios de Enxeñería Sen Fronteiras Asociación para o Desenvolvemento (ISF ApD), amosa as condicións de vida e retos desta organización na provincia de Cabo Delgado, unha das zonas máis deprimidas de Mozambique. A producción audiovisual, patrocinado por Philips Ibérica, fai un percorrido sobre as necesidades dun país onde o 40 por cento das infraestruturas de auga e saneamento non funcionan, como consecuencia da guerra civil que sufriu Mozambique entre os anos setenta e 1992.



Unha gran xanela aberta por cinco reporteiros para ver a realidade da muller marroquí

Unha ollada panorámica a unha semana de xornalismo solidario no norte do Magreb. A realidade da muller marroquí e todas as suas vicisitudes aportadas nunha documental audiovisual producida durante o mes de agosto por cinco reporteiros galegos.



A irresponsabilidade gubernamental na loita contra a violencia machista en Nicaragua

A situación actual da muller nicaraguense, víctima da violencia machista, é moi cruel. O amparo xurídico é feble, inconsistente e carente de compromiso estatal. Son moitas as que perseguen un inicio de solución dun dos males incrustados na sua cultura. Na erradicación e procura de medidas contra este terrorismo social, algunas ONG,s galegas invisten todo-lo seu empeño. Mentres, o goberno peca sen disimulos nunha irresponsabilidade permanente con total impunidade. Dende AGARESO, denunciamos e proyectamos o máximo nivel de solidariedade coas mulleres e os seus cativos víctimas de un repudiable xeito de convivir. Este reportaxe ofrece unha rápida visión da actualidade de xénero no país centro americano.



Reporteiros Galegos Solidarios asumen o compromiso de presionar en pro da ‘Pobreza Zero’

Organizacións Galegas como Solidariedade Galega ou Reporteiros Galegos Solidarios (AGARESO) amosaron a sua adhesión a campaña de ciber-acción ‘Pobreza Zero' contra as desigualdades no planeta posta en marcha pola Coordinadora Galega de ONGD. Os líderes dous oito países máis ricos e poderosos do planeta –o denominado G8- volveron a ser decepecionantes nas suas actitudes e compromisos na loita contra os desequilibrios de vida no planeta. A campaña Pobreza Zero permite que a sociedade civil exprese o seu malestar pola falta de medidas eficaces que reduzan a pobreza e que consigan achegarnos antes de 2015 ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) aos que se comprometeron máis de 180 xefes de goberno no ano 2000. Para participar: galiciasolidaria.org



Juan XXIII, 40 anos de traballo para a integración dos discapacitados intelectuais

Con motivo do seu corenta aniversario, as cámaras de AGARESO visitan as instalacións que a Asociación Juan XXIII ten na cidade de Pontevedra. Nesta reportaxe realizada por Alejandro Espiño coñecemos o funcionamento dun centro que traballa cara a integración persoal, social e laboral de personas con discapacidade intelectual que buscan co seu esforzo acadar o recoñecemento social que durante anos se lle negou a este colectivo, simplemente polo feito de ser diferentes ó resto.



AGARESO celebra o Día Mundial do Medio Ambiente centrado no consumo responsable de auga

A conciencia dun aforro de agua marcou as principais accións dos reporteiros de AGARESO como o principal reclamo para evitar posibles conflictos bélicos no futuro. A conciencia dun consumo responsable pode evitar ou frear novas desigualdades no planeta. A cámara da reporteira Rita Pérez ofrece un documento audiovisual de concienciación e compromiso axeitado polos bos usos dun ben natural de primeira necesidade.



Tánger Xullo 2007 - Xornalismo Solidario 2 - Retrospectiva

Resumo de doce días de entrevistas, reportaxes, crónicas, fotografías e vivencias compartidas coas mulleres traballadoras do textil.