
Un básico dereito da infancia é a protección de menores ante posibles risgos de abusos. SI, á protección dos dereitos da infancia serve como lema e adhesión a loita sen cuartel contra a pornografía infantil dos Reporteiros Galegos Solidarios. Este 20 de novembro celebrase o día universal do neno; unha oportunidade fundamental para desenvolver compromisos e actividades na procura de preservar os principios de dignidade e felicidade dos nosos cativos.


A campaña de sensibilización “Achégate a Cooperación Galega 2008” emprendeu na Coruña unha andaina que levará as súas mensaxes a prol do desenvolvemento no Sur do planeta por máis de 60 poboacións de toda Galicia nos vindeiros tres meses. A plataforma dispón no seu interior dunha superficie de 70 metros cadrados onde se distribúen unha exposición gráfica de 80 imaxes, e unha sala para actividades infantís e reunións informativas, perfectamente acondicionadas.
A exposición conta con 20 paneis que amosan ao visitante dun xeito obxectivo, con testemuños persoais e gráficos, o labor desenvolvido pola Cooperación Galega na América Central, Sudamérica, Caribe e África lusófona, que son a zonas prioritarias da súa actividade.
Explícanse os principios, metas e prioridades sectoriais e xeográficas da Cooperación para o Desenvolvemento sostida pola Administración galega, xa con programas desenvolvemento integral promovidos pola Xunta de Galicia, coma os catro vixentes en América Central, Perú, República Dominicana e Guatemala; xa con proxectos propostos polos axentes da Cooperación, principalmente ONGD, pero tamén universidades, sindicatos ou empresas de economía social.

Reporteros Galegos Solidarios (AGARESO) súmase o máis enerxico agradecemento a todos os cooperantes que, repartidos por diferentes puntos do planeta, fan posibles o desenvolvemento de proxectos de cooperación baixo a sombra do anonimato. Cooperante é a evidente humanización de fermosas verbas como solidariedade, igualdade, equilibrio e xustiza, entre outras. Neste mes de septembro, no que se aproveita a efeméride para divulgar o máximo nivel as tarefas e labores dun cooperante nunha determinada acción social, resulta esencial regar o árbol do recoñecemento. Con esta campaña, concedemos o principal protagonismo a aquelas persoas que decidiron ocuparse de resolver os problemas alleos, por enriba de emprender un cómodo modelo de vida. Por iso, a única expresión que concentra un pensamiento colectivo é: Gracias.

Facendo uso do dato económico do 0,7%, o que están obrigadas as administracións a investir dos seus orzamentos anuais en materia de Cooperación Internacional, AGARESO aposta na súa primera campaña de información por unha cuestión que entendemos forma parte da fisolofía capital do noso colectivo: instar ás institucións públicas a destinar este porcentaxe a proxectos solidarios no Terceiro Mundo.