AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios)

 

21/07/2010

Verán de campamento solidario co medioambiente

 

 

A ONG Amigos da Terra invita a todos a celebrar un verán diferente traballando e formándose en pro do medio ambiente no seu albergue das Corcerizas, en Ourense.

Os interesados só teñen que informarse na páxina web da ONG: www.amigosdaterra.net
 


 

Pon unha X Solidaria na tua declaración

 

Nacións Unidas (ONU) integra á canle Agareso Radio na rede de emisoras internacionais

 

 

A Organización de Nacións Unidas (ONU) integra na súa rede de emisoras á canle de Agareso Radio polo seu carácter social, sensibilidade e dedicación as diferentes realidades que acontecen no mundo.

Dende o nacemento da canle, a programación emitida ao longo das 24 horas combina a información social con boletíns informativos cada hora, entrevistas, crónicas, faladoiros e conexións con axentes e actores da solidariedade e a cooperación ao desenvolvemento.

A integración de Agareso Radio na rede de Nacións Unidas supón a inclusión nos seus contidos de espazos informativos e programas elaborados por xornalistas ao servizo da ONU. Este compromiso reforzará a capacidade de visibilizar da canle e ofrecer unha visión actualizada e plural dos distintos acontecementos que afectan as sociedades desfavorecidas ou vías de desenvolvemento en países localizados en Latinoamérica, Centroamérica, África ou Asia.

Cada hora os reporteiros de Agareso, complementados polos xornalistas de nacións unidas, poderán manter informados os seguidores da emisora. Así mesmo, programas de análise e entrevistas serán incorporados á grella da programación.

Agareso Radio sumou millares de oíntes no seu curto percorrido. Todos os proxectos de ONGD, asociación ou executados polo propio colectivo forman parte dos contidos habituais. Entre eles, destaca o tradicional faladoiro cos internos do centro penitenciario da Lama.


 

DOUS NOVOS TÍTULOS DA COLECCIÓN MAKAKIÑOS CONTRIBÚEN A MELLORAR A AUTONOMÍA E A INTEGRACIÓN DAS PERSOAS CON AUTISMO

 

BATA e KALANDRAKA presentaron esta novidosa iniciativa editorial nun Congreso Internacional que finaliza hoxe en Toledo

 

 

KALANDRAKA e BATA (Baión Asociación de Tratamento do Autismo, con sé en Vilanova) crearon unha nova liña na súa colección de libros de fácil lectura, dirixida a persoas con necesidades educativas especiais. “Nicolás va de compras” e “Nicolás cocina sin fuego”, que levan o selo Makakiños día a día  e están ilustrados pola artista pontevedresa Alicia Suárez, son materiais complementarios -de coñecemento e experimentación- que axudarán no desenvolvemento da súa autonomía persoal e da súa intercomunicación co contorno ás persoas con Autismo, Disfasia, Síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais.

 

MÁIS INFORMACIÓN:

BATA, tlf. 986 565 128 | 679 213 901

KALANDRAKA, tlf. 986 860 276 | 667 401 563 | comunicacion@kalandraka.com | www.kalandraka.com

http://www.kalandraka.com/blog/2010/02/05/makakinos-dia-a-dia-autonomia-e-integracion/

 

 


 

EMERXENCIA HUMANITARIA EN HAITÍ

¡¡¡COLABORA!!!

 

 

JNNNN

O país máis pobre do continente americano, cun 85% da poboación vivindo na pobreza, sufriu un terremoto devastador que causou a morte de miles de persoas así coma milleiros de persoas desaparecidas.
 
As ONGD galegas tamén están a participar na emerxencia. Se queres colaborar, podes facelo a través dos números de conta abertos ata o momento por varias organizacións. 
 
ACCIÓN CONTRA A FAME
15/01/2010. Acción contra a Fame, presente en Haití dende 1985, conta cun cento de empregados no país, aos que se unirá un Equipo de Emerxencia que viaxará a zona dende Madrid e París. Ademais, farase un envío de materiais dende París e Panamá para reforzar o equipo de terreo.
Contas habilitadas para donativos
CAIXA GALICIA 2091 / 0730 / 06 / 3040027344
CAIXANOVA 2080 / 0156 / 40 / 0040007672
Referencia: Emergencia Haití
 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
13/01/2010. Dende ACPP están xa a facer o estudo de necesidades no país e teñen habilitado tamén un número de conta para os donativos.
Conta habilitada para donativos
La Caixa número 2100 5731 79 0200012540
 
AXUDA EN ACCIÓN
13/01/2010. Axuda en Acción apoia a ActionAid na resposta de emerxencia en Haití. Esperan poder distribuír axuda, - comida, auga potable e refuxio-, a unhas 20.000 persoas, e contan cun equipo de 20 traballadoras/es no país.  Adriano Campolina, director de ActionAid en América, nunha primeira valoración sobre os efectos do terremoto afirmaba:
“As primeiras noticias son escasas, pero tememos un alto número de persoas falecidas xa que os suburbios de Porto Príncipe son zonas moi afectadas. Tamén hai preocupación polo Estado de Carrefour, onde se sitúa o epicentro do terremoto”
Conta habilitada para donativos: Banco Sabadell Atlántico nº 0081-5136-70-0001194221.
 
CÁRITAS
14/01/2010. Cáritas España envía 175.000€ a Cáritas Haití para apoiar no Plan de Axuda de Emerxencia. Ademais, sete expertos españois voan cara ao país para colaborar nos labores de auxilio ás víctimas.
Contas habilitadas para donativos:
SANTANDER- 0049-1892-64-2110527931
BBVA- 0182-2000-21-0201509050
LA CAIXA -2100-2208-39-0200227099
BANESTO -0030-1001-38-0007698271
CAJA MADRID - 2038-1028-15-6000969697
POPULAR - 0075-0001-81-0606839307
SABADELL-ATLANTICO - 0081-0216-74-0001306932
 
CRUZ VERMELLA
14/01/2010. A Cruz Vermella Española ten previsto desprazar a dúas persoas da unidade de emerxencias con experiencia en Haití, para apoiar á delegación de Haití. Ademais alertouse ao persoal da delegación do país, que se atopaba de vacacións, así coma a todos os membros dos ERUs (Emergency Response Unit), un total de 500 persoas teñen sido alertadas ante un posible desprazamento ao país.
Contas habilitadas para donativos
Caixa Galicia:    2091-0000-37-3040162319
Banco Pastor:  0072-0101-97-0000144000
 
ENTRECULTURAS
14/01/2010. Horas despois do tremor de terra, os centros da Compañía de Xesús en República Dominicana (Santo Domingo: Bonó e Centro Alberto Hurtado; Santiago: Centro Bellarmino e CEFASA; Dajabón: Solidaridad Fronteriza) organizaron unha rede de axuda para socorrer aos damnificados da veciña Haití.
Pola súa parte, o Servizo Xesuíta a Refuxiados e Migrantes (SXRM) en República Dominicanaformou dúas comisións: unha de emerxencia humanitaria para recoller todos os insumos de alimentos e medicamentos; e outra, en conxunto con todas as institucións do Estado, abocada a realizar un plan de continxencia para a acollida de posibles fluxos migratorios provenientes de Haití. Tamén a primeira hora desta mañá, unha comisión do SXRM República Dominicana –encabezada polo Padre Regino Martínez- entrou pola fronteira sur cara a Porto Príncipe para realizar un monitoreo da situación co fin de prestar unha axuda máis eficaz. Entreculturas traballa en Haití cos seus socios locais Fe y Alegría-Haití, creada no 2005, e o Servizo Xesuíta a Refuxiados e Migrantes.
Contas habilitadas para donativos
Santander 0049 0496 83 2010200200
BBVA 0182 4000 62 0208002127
Máis  información: Tfno.  902 444 844  902 444 844
  
FARMAMUNDI
14/01/2010. A área de Loxística Humanitaria de Farmamundi-España ten posto en marcha xa o seu dispositivo de emerxencia, e enviará hoxe, 14 de xaneiro, máis de 3.5 toneladas de medicamentos esenciais e material sanitario a Haití. En concreto envíanse dous kits de emerxencia para atender a 20.000 persoas durante 3 meses, tres kits de acción inmediata, tres de obstetricia, tres de traumatoloxía e tres máis de pediatría.
Estes envíos, coordinados pola AECID, están cofinanciados, entre outros, pola Fundación Axencia Humanitaria de Galicia. Sairán esta tarde ás 16.00 horas de Torrejón de Ardoz cara á Embaixada española en Haití.
Así mesmo, Farmamundi e os seus socios locais en Haití, as organizacións MOSCTHA e CEFODEC están identificando no terreo as necesidades básicas.
Contas habilitadas para donativos
La Caixa 2100 / 4485 / 95 / 0200021721
 
Contas habilitadas para donativos
BBVA: 0182 5709 42 0201502254
 
15/01/2010. Ao longo do día de onte, dende InteRed puxéronse en contacto coa delegación de InteRed en República Dominicana, as súas contrapartes locais e a Institución Teresiana do país para recabar información da realidade de Haití. As contrapartes locais de InteRed que están participando na emerxencia, con persoal desprazado á zona para a avaliación de necesidades, participación nos comités de emerxencia na fronteira e primeiros envíos de alimentos e menciñas son: Centro Puente; Sociedad Cultural Almirante Colón Partido; Movimiento de Mujeres Dominicano-Haitiano MUDHA e Cenntro Poveda.
Contas habilitadas para donativos
Banco Santander: 0049 - 0001 - 54 - 2210022331
 
INTERMÓN OXFAM
15/01/2010. Intermón xa fixo chegar a Porto Príncipe o primeiro envío de material humanitario tralo terremoto do martes, a través do voo que a AECID fretou dende Panamá. Este envío consta de material de auga e saneamento con capacidade para asistir a unhas 20.000 persoas.
Ademais estase a preparar un novo envío que saíra nas vindeiras horas tamén dende a base loxística de Panamá.
Por outra banda, a organización enviou hoxe, 15 de xaneiro a Haití, un equipo humanitario, que xunto ao persoal de terreo, avaliará a situación e implementará a resposta humanitaria.
Contas habilitadas para donativos:
La Caixa 2100-0765-81-0200111128
Santander 0049-1806-91-2111869471
Caja Madrid 2038-8978-17-6000016604
Caixa Catalunya  2013-0500-16-0213198878
BBVA 0182-6035-49-0201502475
Banc Sabadell Atlántico 0081-7011-11-0001698879
CAN 2054-0300-51-9157609596
Triodos Bank 1491-0001-21-0010010201
Caixa Galicia:  2091-0000-36-3040192126
 
MADRESELVA
13/01/2010. Dende a ONGD Madreselva están intentando contactar coas Irmás Salesianas de Haití, a contraparte local dos proxectos de cooperación que a organización ten no país. Non o teñen conseguido ata o momento, pero si teñen contactado coas Irmás Salesianas en República Dominicana, que lles teñen comunicado que os Salesianos sufriron o derrubamento dun dos seus centros escolares con alumnos nas aulas.
Contas habilitadas para donativos
BSCH: 0049-6113-68-2816148798
Caja Madrid: 2038-1079-06-6000507942
La Caixa: 2100-1649-12-0200102956
 
MANS UNIDAS
Contas habilitadas para donativos
Banco Santander: 0049-1892-63-2210525246
 
PROCLADE
14/01/2010. Fundación PROCLADE acaba de reactivar a campaña de emerxencia con Haití que xa tiña posto en marcha no país para facer fronte aos efectos dos furacáns de 2008.
A tal efecto, a fundación solicita colaboración económica para iniciar a fase I da emerxencia, na que se centrarán na busca de persoas desaparecidas, axudas de limpeza e satisfacción de necesidades básicas.
Contas habilitadas para donativos
Santander Central Hispano: 0049 3283 56 2015006031
 
UNICEF
15/01/2010. Unicef está a enviar suministros urxentes ás zonas afectadas polo terremoto. En coordinación co resto de axencias de NNUU e Cruz Vermella, Unicef atende as necesidades de nenas/os e mulleres, a poboación máis vulnerable neste tipo de crises. Un avión de carga aterrizou onte pola tarde con suministros por valor de 500.000€ para axudar a unhas 10.000 persoas, que inclúen sales para rehidratación oral, pastillas potabilizadoras, lonas e tendas para teito provisional. Espérase que aterre hoxe mesmo outro avión con máis material de emerxencia.
Contas habilitadas para donativos
BBVA: 0182 5906 81 0010033337
Banco español de Crédito: 0030 8301 78 0000046271
Banco Popular Español: 0075 0001 87 0606914075
Santander: 0049 0001 59 2810100005
Caja Madrid: 2038 1043 19 6000877505
La Caixa:2100 5731 70 0200005001
Tfno. para donativos: 902255505
Web para donativos: www.unicef.es.
 
MÉDICOS SEN FRONTEIRAS
15/01/2010. O primeiro avión de MSF con 25 toneladas de material de asisitencia xa chegou a Haití (tres kits médicos para desastres, mantas, pástico para cobixo, artículos de hixiene, tendas de campaña e bidóns para auga). Máis de 1.000 pacientes xa foron atendidos nas catro tendas de campaña instaladas arredor dos centros donde traballaba MSF. Nas vindeiras horas chegará tamén, vía aérea, un hospital de campaña con dous quirófanos e máis persoal de cirurxía e anestesia.  Sete voos chárter están preparados para entrar no país, e 80 persoas máis reforzarán os equipos en terreo.
Contas habilitadas para donativos
Banco Santander: 0049/1806/95/2811869099
La Caixa: 2100/3063/99/2200110010
BBVA 0182/6035/49/0000748708
A través do tfno. 902.250.902
Enlace para donativos:  http://www.msf.es/landing/donativo-aiti.aspx

 


 

PRIORIDAD: Los enfermos olvidados

 

 

Desde Médicos sin Fronteras acabam de lanzar unha nova Campaña de Sensibilización "Enfermos Olvidados".

Durante todo o ano 2010 vannos informar á sociedade Galega da realidade de millóns de persoas que padecen algunha das chamadas Enfermedades Esquecidas. (a seguir)..

 

'Stop o tráfico de cativos'

 

 

Foi inagurada unha exposición fotográfica sobre o traballo de intervención coa infancia da ONG Tierra de Hombres. Esta mostra está incluida no marco do proxecto “Stop a la trata de niños”. A posibilidades de achegarse a esta xanela de realidades soportadas pola infancia en diferentes países se prolongará ó longo de todo o mes de Decembro en horario de 19-21h. O lugar é en Portas Ártabras, rúa Sinagoga – 22, baixo (A Coruña).

 

 

Actos polo día mundial da loita contra a Sida

 

h

A Asociación CCANVIHAR, asociación de loita contra o vih e a sida, lembralles e convídalle/s as Actividades do 1 de decembro, Día Mundial de loita contra a sida, que comezaron cunha  pintada no Peirao de Ferrazo polo alumnado da Facultade de Belas Artes do Campus de Pontevedra.

Ademáis, o día 30 de novembro, na praza da Ferrería e na praza da Peregrina de Pontevedra desde as 11 a.m. ás 14 p.m. porase en marcha unha mesa Informativo/Preventiva, sobre vih/sida e outras ITS, con reparto de información e material preventivo. Tamén farase unha actividade artística, xunto cos/as alumnos/as da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, realización do Proxecto “EXPRÉSATE´09, sida e arte”: diferentes e variadas actividades artísticas e visuais feitas na rúa polo alumnado da Facultade de Belas Artes de Pontevedra e co vih/sida coma fondo temático. Contarase tamén cun pasacalles polo grupo musical  “Ero Beat, múseka étnica na rúa”, amenizando as actividades e captando ao público que deambule polas Prazas e rúas lindeiras.

E o 1 de decembro, Día Mundial de loita coa sida, no porto de Vilagarcía, ás 10,30  horas p.m.,inauguración oficial da placa conmemorativa da pintada do mural do Peirao vilagarcián de Ferrazo, coas autoridades correspondentes. E na Praza de Galiza desta mes malocalidade, dende as 11 a.m. ás 14 p.m., mesa Informativo/Preventiva, sobre vih/sida e outras ITS, con reparto de información e material preventivo e pasacalles polo grupo musical “Ero Beat, múseka étnica na rúa”,amenizando as actividades e captando ao público que deambule polas Prazas e rúas lindeiras.

Finalizaranse os acto coa lectura do Manifesto e a presentación dos carteis e camisetas conmemorativos deste ano,  comúns ás ONGs antisida da Coordinadora CESIDA.

CCANVIHAR, asociación cidadá  de loita contra o vih e a sida en colaboración con MEDICOS DO MUNDO  tamén realizará acto o 1 de decembro na rúa Príncipe de Vigo dende as 11 ata as duas da tarde. Instalarase unha mesa informativo/Preventiva, sobre vih/sida e outras ITS, con reparto de información e material preventivo. Tamén se levarán a cabo actividades artísticas cos graffiteir@s de Vigo e pasarúas do grupo percusión “Gnawa Marrakech el Bahga e Juan e o seu saxo”, amenizando as actividades e captando ao público que deambule pola Praza e rúas lindeiras.

 

Acto conmemorativo en Ourense con motivo do Día Internacional dos Dereitos do Neno

 

h

 O vindeiro 20 de Novembro, Venres, celébrase en todo o mundo o Día Internacional dos Dereitos do Neno, ou Día Mundial da Infancia, no 20 Aniversario da Convención, aprobada nesa data de 1989, e no 50 Aniversario da Declaración, proclamada polas Nacións Unidas tamén un 20 de Novembro, neste caso, de 1959.

Con ese motivo, o Seminario Galego de Educación para a Paz, en colaboración con UNICEF e o Concello de Ourense, celebran un Acto Cívico no paraninfo do IES Otero Pedrayo, ás 20:00 horas, no que intervirán, Dª Chelo Nogueira, presidenta de UNICEF en Ourense e D. Manuel Dios, presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz.

Ademáis, proxectarase a Curta de Ficción “Por nada” realizada por Ficción Producciones e dirixida por Dani de la Torre e Toni Veiga sobre un guión do propio Toni Veiga e Manuel Dios, que trata sobre a violencia xuvenil e o ciberacoso. 

No citado acto intervirá tamén Toni Veiga, guionista e director da Curta “Por nada”.

 

En apoio dos nenos de Etiopía

 

h

A Asociación Tena para Etiopía (www.asociaciontena.org) quere dar a coñecer os seus proxectos con Etiopia á vez que recauda fondos para os mesmos, e por iso pon en marcha unha comida etíope o próximo 14 deste mes ás duas da tarde.  

O acto terá lugar no restaurante Avión, na Estrada Redondela Nº 3, (enfrente do Colexio Martín Codax e cerca do aeropuerto de Peinador). 

O seu obxectivo é recaudar fondos destinados ao proxecto que desenrola esta asociación actualmente en Addis Ababa en colaboración cunha contraparte local que está a atender a un grupo de cerca de 80 nenos, na súa maioría orfos a consecuencia do SIDA. 

O precio é de 25€ por adulto e 15€ para nenos maiores de 5 anos. Para reservar ben a través do emailasociaciontena@gmail.com , ou ben a  no numero de conta: CAIXANOVA 2080 0462 4 4 0040115647

 

 

Xornadas sobre o consumo consciente de productos forrestais

 

A Cova da Terra e Gaesal organiza as “XORNADAS SOBRE O CONSUMO CONSCIENTE DE PRODUTOS FORESTAIS” que se levaran a cabo no Salón de actos de Maxisterio situado na rúa Ramón Ferreiro de Lugo. Será o sábado día 07 de novembro, de 09:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 20:00 horas. O teléfono de contacto é 982230211 ou no email asociacion@covaterra.org e na web www.covadaterra.org ou no blog: oblogdacova.blogspot.com

 

Os cooperantes galegos na memoria

 

A corporación municipal de Vigo aproba unha moción de apoio ao traballo dos cooperantes vigueses nos países do Sur. Esta moción tamén inclue un recoñecemento da importancia da cooperación internacional e da consecución dos Obxectivos do Milenio. E, en Santiago de Compostela, homenaxe aos cooperantes galegos falecidos. O día dedicado a esta esencial figura da solidaridade unha placa lembra a memoria de Manuel Cota Cabanillas, Mercedes Arteche Prieto, Enrique Aller López e José Ignacio Salgado descuberta ante os seus familiares, nun acto presidido polo Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda..

 

Operación Piecitas Vermellas

 

f

A Protectora Ojatican de Vigo acaba de poñer en marcha a campaña "Operación Piecitas Vermellas": durante todo o verán, en petos feitos para a campaña, se recadarán moedas de 1, 2 e 3 céntimos de euro (os vermellos).

Na celebración que farán o 4 de outubro, día Internacional dos animais, se pesarán todas as moedas conseguidas e a marca de pensos Husse lles doará tantos quilos de penso como pesen as moedas. Os donativos en piecitas vermellas destinaranse a esterilizar os animais recollidos.

Os petos están a ser colocados en tendas, locais de hostalaría, clínicas veterinarias, e en xeral en calquera establecemento ou casa de amantes dos animais...

Os asistentes á festa do 4º aniversario da asociación foron enchendo un peto, conseguimos 13,800 quilos!!

Aínda temos petos dispoñibles, se queredes colaborar non dubidedes en solicitarnos algunha, ben para ter nas vosas casas ou para deixar en algun sitio de confianza e paso de xente, a panadaría, o bar onde almorzades...

 


Obxectivo: Mongolia e a solidaridade

 

f

12.000 kilómetros. Esa é a distancia que recorren xa os catro membros da expedición Mongol Rally 2009 de Galicia cun obxectivo claro: axudar ós nenos e ás mulleres dun país olvidado, Mongolia. Chus Álvarez, Noé Parga, Fátima Ameneiros e Edgar Vigo conforman este grupo que viaxa a bordo de dous Fiat 600 de dez anos que eles mesmos puxeron a punto nas últimas semanas.

A partir de agora quédalles por diante á aventura, chegar, como sexa cos dous vehículos ata a capital de Mongolia, Ulán Bator, onde entregarán os coches para a súa subasta. Os cartos recaudados serán entregados ás duas ONGs que eles elexiron e a través das cales queren axudar ós nenos e ás mulleres daquel país.

Pero ademáis, dentro dos seus coches non somente levan a súa equipaxe (pouca por certo) senón tamén moita ilusión e productos que os seus patrocinadores donan para a xente de Mongolia: xoguetes, gafas, material escolar e medicamentos.

A súa aventura coñécese con nome do Dakar dos Pobres, e aglutina a xente de toda Europa co mesmo obxectivo solidario.

Dende Pontevedra ata Barcelona, e dende alí a Praga onde se reunirán tódolos participantes de Europa. Dende alí comeza a auténtica aventura, atravesando varios países do Este europeo e Rusia ata chegar a Mongolia. Os coches serán subastados. Non teñen por qué ser novos pero non poder ter máis de dez anos nin máis de 1.200 centímetros cúbicos, xa que tecnolóxicamente sería moi difícil o seu mantemento naquel país asiático.

Agareso quere mandar os catro membros galegos da expedición unha forte aperta, desexarlles moita sorte e por suposto, seguir, día a día, no seu blog con enlace na nosa páxina ás suas aventuras.

Bo viaxe aventureiros solidarios!!!!


A crise non pode ser escusa para rebaixar o exiguo compromiso coa cooperación en Galicia

 

f

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, co patrocinio da Deputación de Ourense e do concello de Allariz, celebrou o pasado sábado 27 de xuño, en Ourense, as V Xornadas Anuais de Cooperación, baixo o lema “Cooperar en tempo de crise”.

As Xornadas contaron coa colaboración e participación dun grupo plural de axentes do sector: gobernos autonómico, provinciais e municipais, universidades, consultoras, xornalistas, ONGDs. O debate xerado permitiu a confrontación de diversos enfoques e perspectivas sobre a situación actual da cooperación exterior en Galicia, agora condicionada de modo inevitable polo contexto de crise internacional.

Paradoxalmente, o sector deixou claro que non cabe unha redución dos recursos destinados á cooperación internacional desde as autoridades públicas galegas, na medida en que estes xa viñan sendo exiguos. O compromiso orzamentario de Xunta, Deputacións e Concellos queda nun raquítico 0,1%, moi lonxe do 0,4% comprometido no I Plano Director da Cooperación Galega 2006-2009 ou do 0,7% asumido a nivel internacional. Calquera redución constituiría un exercicio de egoísmo impropio de institucións que representan un pobo, o galego, tradicionalmente solidario con quen máis o necesita. Lembrouse, neste sentido, que a crise afecta de modo especialmente intenso ás poboacións máis vulnerables do planeta.

Dos debates que tiveron lugar durante a celebración das V Xornadas Anuais de Cooperación, celebradas baixo o lema “Cooperar en Tempos de Crise”, en Ourense, a 27 de xuño de 2009, despréndense as conclusións que se refiren a seguir:

1. O reflexo da cooperación nos medios de comunicación é extraordinariamente limitado. Dun lado, isto débese a problemas internos relacionados coas prioridades noticiosas, construídas polo común en base a intereses mercantís, e a precariedade e desmotivación laborais d@s xornalistas. Doutro lado, desde os axentes cooperantes non se ten integrado o traballo cos medios dun modo decidido. Facelo requiriría un esforzo de especialización e quizá de profesionalización.

2. A conveniencia de facer un maior esforzo para atinxir máis eco nos medios de comunicación resulta polémica no sector. Por unha banda, permiten chegar a unha boa parte da poboación. Mais, por outra, as mensaxes dos axentes da cooperación son habitualmente simplificadas, perdéndose partes valiosas de información.

3. En positivo cómpre salientar as iniciativas autoorganizativas dos profesionais da comunicación desenvolvidas nos últimos anos en Galicia, na medida en que constitúen un bo comezo para establecer sinerxías e definir pautas comúns de traballo.

4. Os recursos con que traballa o sector cooperante galego son exiguos e deben medrar. A crise non pode ser escusa para que as autoridades políticas de Galicia, a todos os niveis, continúen a situárense tan extraordinariamente lonxe do 0,7%.

5. A escaseza de recursos achegados polos poderes públicos, a forte dependencia do sector en relación a eses recursos e a inestabilidade dos compromisos contraídos, derivada dos ciclos electorais, configura un sistema débil e vulnerable. Faise necesario un Pacto Autonómico contra a Pobreza, referente dun compromiso político de mínimos que garanta certa estabilidade.

6. A fragmentación, atomización e debilidade continúan a ser hoxe as notas características das ONGDs galegas, a pesar de térense producido certos avances. É preciso continuar a estimular a creación de espazos de traballo sinérxico e mesmo a fusión de organizacións.

7. O esforzo realizado desde a Xunta de Galicia por reverter a situación de debilidade que se referiu no punto anterior, a través de convocatorias específicas para o fortalecemento e consolidación das ONGD, ten incorrido, polo menos, en dous defectos que han de ser corrixidos: as axudas non se aplicaron de modo continuado e prolongado sobre as mesmas organizacións, de modo que o seu efecto foi inferior ao desexable; o manexo dun concepto pouco preciso de ONGD por parte do goberno galego levou a que parte dos recursos destinados a fortalecer estas asociacións acabasen recalando noutro tipo de entidades.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha rede que actualmente engloba a 97 Concellos e ás 4 Deputacións de Galicia. Foi fundado en 1997 como un foro a través do que consensuar e concentrar os esforzos dos poderes locais galegos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Trátase deste modo de garantir unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos ambiciosos que teñan un verdadeiro impacto nos países do sur e facilitar unha maior sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. 

 


Vacacións solidarias

 

gaza

 

As ONGD están a ofertar distintas opción de viaxes solidarios baixos diferentes fórmulas como son as vacacións solidarias, os viaxes responsables ou as estancias de voluntariado. Todas elas son alternativas interesantes e productivas para pasar as vacacións de verán.

No seguinte listado podes atopar algunha opción interesante:

Por exemplo, podes participar nunha brigada de TRABALLO VOLUNTARIO con “Sodepaz. Viaxes de solidaridade”: dende fai 18 anos, esta ONG está a promover programas de Turismo Solidario ligados ós programas de cooperación ó desenrolo que realiza en lugares coma Cuba, Nicaragua, Perú, México, Ecuador, Palestina ou Bolivia. Os viaxes están organizados en colaboración con organizacións onde realizan os seus proxectos de cooperación. www.viajes.sodepaz.tv. Teléfono: 915 228 091 E-mail: sodepaz@sodepaz.org

Tamén podes participar nun CAMPO DE SOLIDARIDADE gracias á labor que desenrola “Setem”, que traballa por un mundo mellor e máis solidario compartindo as necesidades e inquietudes de persoas nos países do sur. Para poder participar debes ter máis de 21 anos, ir ás sesión informativas e superar unha entrevista persoal e asistir ós cursos de formación. Traballa con Bolivia, Brasil, El Salvador, Honduras, Nicaragua, Perú, India, Nepal, Etiopía e Togo. http://madrid.setem.org. Teléfono. 91 549 91 28E-mail: madrid@setem.org

Tamén Solidaridade Internacional leva dez anos desenrolando o proxecto “VACACIÓNS SOLIDARIAS”. Traballa en Ecuador, Guatemala, Bolivia e Tindouf. www.solidaridad.org
Teléfono: 902 15 23 23.

Para traballar na INDIA pódese contactar coa Fundación Vicente Ferrer. O seu obxectivo é visitar Anantapur e coñecer sobre o terreno os resultados da súa aportación ós proxectos que allí se desenrolan.Teléfono: 902 22 29 29

A Asociación para la Integración y Progreso de las Culturas – PANDORA ofrece o coñecemento dunha nova realidade e dunha nova cultura mediante a interacción cos seus habitantes dende unha óptica máis real e humanitaria.

Nos PAÍSES DO SUR traballa Entreculturas Fe y Alegría. Programa VOLPA que está a desenrolar proxectos para transformar actitudes sociais e culturais que perpetúan as desigualdades humanas. Este programa inclúe a formación dos voluntarios e a súa participación nos países do Sur durante un ou dous anos así como a súa acollida no lugar de orixen unha vez finalizado o programa.www.entreculturas.org

Os CAMPOS DE TRABALLO-MISIÓN pódesen consultar en SED. Campos de Trabajo- Misión. Esta actividadE consta básicamente de duas partes, unha de formación e outra de participación. Os países incluidos son Honduras (Comayagua), Mozambique (Nivava), Angola (Kuito) e Benin (Borgou). Tamén podes implicarte en voluntariado social en España e Portugal.

A Asamblea de Cooperación por la Paz. Cursos de Cooperación Sobre el Terreno adícase a mellorar a ferramenta de traballo “MARCO LÓGICO” sobre o terreo onde se executa ó proxecto de cooperación. A estancia é de tres ou catro semanas en Marrocos, Túnez, Mauritania, Senegal, Guinea Bissau, Palestina e Israel, El Salvador e Guatemala, Honduras, República Dominicana. www.acpp.com.Teléfono: 91 468 15 76 email: socios@acpp.com 

Por outra banda, en MARROCOS traballa CERAI organizando campos de trabajo y estancias solidarias. As estancias duran entre sete e dez días visitando ciudades coma Xaouen, Fez, Meknes, Asilah, o deserto. Compártense momentos coa poboación, vivindo con familias de campesinos do Rif para coñecer os seus costumes e as súas problemáticas. Xullo e Agosto.

As PBI - Brigadas Internacionales de Paz son organismos de non violencia que adícanse á protexelos dereitos humáns dende 1981. Promoven solucións de construcción da paz en situacións de conflicto armado e represión, ofrecendo acompañamento protector non armado a individuos, organizacións e comunidades amenazadas de violencia e abusos contra os seus dereitos humáns.

A plataforma virtual de iniciativas y propuestas de viaxes responsables, Terra Sakra: Viajar más y más sostenible, asesora a turistas e vixeiros sensibilizados co turismo responsable. http://www.terrasakra.es/

En ÁFRICA, Turismo Solidario y Sostenible. http://www.turismo-solidario.es/

E por suposto pódese consultar os portais de viaxes responsables: www.viajesresponsables.com ou www.turismoresponsable.net, ou ben na axencia de viaxes responsables Ismalar Rutas: http://www.ismalar.org/

 

 

 

Pontedeume será escenario da I Feria Modelivre

 

gaza

 

A I Feria Modelivre celebrarase en Pontedeume esta fin de semana, en concreto, o domingo 28.
 
A primeira das actividades será un mercadillo multicultural que será instalado na praza da calzada e que comezará as doce da mañá. No mesmo porase en marcha un obradoiro de pintura para nenos e unha mostra fotográfica solidaria dos alumnos do proxecto nosomundo.com.

Ás doce e media, concerto de música Africana a cargo de músicos senegaleses e as duas e media, comida benéfica de couscous con verdura por cinco euros.

Pola tarde, ás cinco, charla sobre inmigración e integración a cargo de Samba Diallo:Inmigrante Senegales, Chispón: Educador social e artista, modera Gabriel Tizón: fotógrafo.

Ás seis e media concerto do grupo INFUSSIÓN na sala Coliseo

Ademáis, ás oito concerto dos FABULOSO CUBATAS FUCKING BROTHERS ( GALICIA), LA PEGATINA. Organiza COLECTIVO MONDELIVRE e colabora a Asociación Sociocultural Treme A Terra, ONG EQUUS ZEBRA.

Todos os cartos recaudados serán destinados ó proxecto nosomundo.com e a compra de tela para a realización de mosquiteras para a prevención da malaria en Guinea Bissau pertencente á ONG ATAMAN.


 


A pancarta dos avances da muller magrebí

 

gaza

 

O día do traballador, tradicionalmente celebrado cada primeiro de maio, tivo unha extraordinaria escea protagonizada polas traballadoras do textil no norte do magreb. Por primeira vez, unha cámara grababa, para a historia da muller nesa realidade, unha imaxe sen precedentes: 'maquilas' reivindicando melloras das suas condicions laborais e sociais. Lembrar que, dende Galicia, a organización Amarante traballa en alianza coa asociación Atawassoul de Marrocos na procura dunha maior dignidade no interior das fábricas. De momento, unha pancarta marca un novo avance.

 

ONGD's galegas compoñen ritmos en favor dun Comercio máis Xusto

 

gaza

 

As organizacións integrantes da Comisión de Comercio Xusto da Coordinadora Galega de ONGD: A Cova da Terra, Amigos da Terra, Axuda en Acción, Intermón Oxfam, Panxea, Solidariedade Internacional de Galicia e Taller de Solidariedade; organizarán actividades en 7 cidades galegas: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, petarán contra a pobreza, a crise financeira e o cambio climático a ritmo de tambores. O acto terá lugar o vindeiro sábado 9 de maio,

Vacacións solidarias de Solidaridade Internacional

 

gaza

 

Solidaridade Internacional comezou a informar en Galicia sobre o programa Vacacións Solidarias 2009 a través das súas tendas de Comercio Xusto en Galicia. 50 Galegos poderán coñecer de primeira man un proxecto de desenvolvemento nun país onde traballa Solidariedade Internacional de Galicia.

Compartirán as súas vacacións con poboación indíxena, refuxiados ou campesiños de distintos países do sur coñecendo a súa realidade e colaborando durante a súa estadía en actividades de proxectos de cooperación en marcha.

Os destinos aos que os voluntarios/as poderán acceder este ano son: Guatemala; Ecuador; Acampamentos de refuxiados saharauí e Bolivia.

O desenvolvemento do programa levarase a cabo entre os meses de Xullo , Agosto e Outubro e os prezos oscilarán entre os 1000 e os 1900 euros.

Unha década de Comercio Xusto en Galicia

 

gaza

 

A X Semana Galega do Comercio Xusto, celébrase con diversos actos organizados en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, Sindicato Labrego Galego e Verdegaia, e que este ano van a centrarse na temática "Consumo Responsable e Cambio Climático". Entre as actividades planificadas destacamos o Seminario sobre "Consumo Responsable e Cambio Climático" que terá lugar entre o 24 e o 26 de abril na Facultade de Matemáticas en Santiago de Compostela. Neste evento contaremos coa presenza de figuras destacadas no mundo académico e no eido dos movementos sociais (Responsables da Campaña Repsol Mata, Universidade Rural Paulo Freire, Greenpeace, Veterinarios sin fronteiras, etc). Ademáis do Seminario, durante o 21 e 24 de abril terá lugar a xira por Galiza da Coordinadora de Vía Campesiña en África, Mariam Sissoko (CNOP de Mali). Finalmente o día 25 de abril se prevé a celebración de actos simbólicos en diferentes localidade galega co obxectivo de sensibilizar a cidadanía sobre os efectos do actual modelo económico e social sobre o medio ambiente e a importancia de artellar alternativas, dende a escala individual ou colectiva, dirixidas a evitar o infarto ecolóxico e minimizar os efectos do cambio climático.

 

 

'Veciños pola Tolerancia' en Pontecaldelas

 

gaza

 

'Veciños pola Tolerancia' amosaron o seu incondicional apoio a familia xitana, realoxada na parroquia de Caritel en Ponte Caldelas. Nunha xornada de convivencia na casa da familia Montoya, este colectivo suliña, de novo, o seu rexeitamento para aqueles que pretenden expulsar a esta familia do actual lugar de residencia. Insisten na sua firme vontade de construir os elementos precisos para provocar unha integridade real e tolerante entre ambas culturas. A imaxe captada pola cámara de Javier Cervera retatra o bo clima vivido nun encontro no que participaron veciños e amigos desta acción social.

 

 

Toneladas de primeira necesidade con destino a Latinoamérica

 

gaza

 

A Fundación Axencia Humanitaria de Galicia enviou ao longo deste mes de marzo un total de 303 toneladas de leite concentrada en polvo a diversos países de América Latina (Cuba, Guatemala, Bolivia e Perú) para axudar a paliar situacións de vulnerabilidade alimentaria que existen en diversas poboacións destes territorios.

Esta cantidade súmase ás 48 toneladas que partiron no mes de xaneiro con rumbo a Haití e que xa foron distribuídas no terreo o pasado 20 de febreiro, segundo as estimacions da Secretaría Xeral de Relacións Exteriores da Xunta.

Na actualidade, quedan almacenadas en Monforte de Lemos (Lugo) 40 toneladas máis deste produto que o Programa Mundial de Alimentos da ONU distribuirá proximamente a outros países en risco.

 


O Glaucoma nun improvisado lienzo

 

gaza

 

Unha campaña sobre a problemática do Glaucoma fixo da céntrica Gran Vía de Vigo un improvisado taller de pintura monotemático. Varios cidadans anónimos e personalidades de diversa natureza como o caso do deportista, Borja Oubiña, quiseron aportar o seu trazo fino a comprometida obra de reducir e sensibilizar a sociedade desta patoloxia visual.

A loita pola igualdade debe continuar

 

gaza

 

8 de Marzo convirtese nuha xornada relevante para o fortalecemento na incidencia da plena participación da muller na vida política, civil, económica, social e cultural en condicións de igualdade e a erradicación de todas as formas de discriminación baseadas no sexo.

Fanse necesarias políticas que continuen potenciando actuacións para acadar a igualdade no ámbito laboral: salario e calidade do emprego; fomento da igualdade nas empresas; a posta en marcha de campañas informativas e de sensibilización e medidas conciliación da vida laboral e persoal.

Amarante abre a Xanela do Sur

 

gaza

 

O programa de sensibilización que desenvolve a ONGD Amanrate abre, por décima ocasión, a Xanela ao Sur. Este proxecto de formación teórico-práctica ten como obxectivo principal dar a coñecer as causas estruturais da pobreza a persoas sensibilizadas con esta problemática global. Para tal fin, realizaranse charlas informativas en diversas cidades e vilas de Galicia, onde voluntarios de anteriores edicións anteriores detallaran a súa experiencia.

O periodo teórico de formación consiste en catro xornadas nas que se tratarán temas como a cooperación internacional, a ecoloxía social ou a situación da muller nos países do Sur. Durante esta formación preténdese crear un espazo de construción do coñecemento, no que todas as persoas participantes poidan aportar algo da súa experiencia tanto persoal como profesional. Tamén contaremos coa colaboración de persoas implicadas diariamente nas diferentes temáticas.

A fase práctica desenvólvese nun dos países do Sur nos que AMARANTE conta coa colaboración de organizacións que traballan en proxectos de cooperación ao desenvolvemento, principalmente volcados cara ao comercio xusto, o ecodesenvolvemento sostible e a denuncia das precarias condicións laborais que xiran arredor do sector téxtil e que afectan á man de obra, principalmente mulleres dos países en vías de desenvolvemento. Este ano poderanse visitar, durante os meses de Xullo ou Agosto, as seguintes organizacións: Movimento dos Sem Terra (MST) - Brasil, Fundación Maquita (MCCH) - Ecuador y asociación Attawassoul.- Marrocos. O prazo de inscrición pecharase o 13 de Marzo.

 

Galicia non está en venda

 

 

Manifestación da plataforma 'Galiza non véndese', na que se integraron 57 colectivos e asociacións, polas rúas da capital galega para protestar contra as políticas sociais e ambientais da Xunta e reclamar o "dereito a unha terra viva e unha vida digna". Perto de 3500 persoas secundaron a movilización dunha nutrida convocatoria de colectivos procedentes do tecido social galego.

Á convocatoria acudiron desde asociacións en defensa do medio ambiente ata colectivos independentistas ou agrupacións locais que se opoñen a infraestruturas proxectadas polo Goberno galego. Denunciaron as "políticas xordas e mudas" do Goberno galego diante das "crise económica, ambiental e enerxética" e manifestaron seu "máis enérxica protesta" diante do panorama que deixa o bipartito PsdeG-BNG tralos tres anos e medio á fronte da Xunta.

Á manifestación incorporáronse, entre outras, asociacións como Amigos dá Terra, a Federación Ecoloxista Galega, Verdegaia, a Plataforma Cidadá "Cultura se, mausoleo non", a Plataforma Contra a Variante Interior de Noia, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol ou Burla Negra.

No manifesto se recriminaron que, baixo unha aparencia "supostamente progresista", as políticas sociais e ambientais "son continuación" das implantadas por gobernos anteriores. "Usan o gasto público para alimentar este obsoleto e inxusto modelo económico e social", afirmou un dos representantes durante a lectura do manifesto.

Así mesmo, censuraron o "esquecemento interesado dos máis necesitados" na actual situación de crise aos responsables políticos e sinalaron que existe unha "falta de verdadeiras políticas sociais". Arremetieron tamén contra o que cualificaron de "marbellización" da costa galega e o planeamento urbanístico.

En concreto, foron obxecto de crítica o Plan Acuícola, que "devasta zonas da costa en beneficio de multinacionais"; os proxectos de construción de portos deportivos; o plan de minería, que constitúe un "tristeiro modelo de expoliación do territorio"; e o decreto eólico, pois "non ten en conta áreas de alto valor" ecolóxico e patrimonial e "regala" móntelos galegos ás empresas eléctricas.

 

 

Asamblea de Cooperación Pola Paz canaliza axuda humanitaria en Gaza

 

gaza

SUSO REGAL

SUSO REGAL

 

Asamblea de Cooperación Pola Paz canaliza axuda de emerxencia a pobación da Franxa de Gaza.

En coordinación coa Media Luna Vermella Palestina (PRCS), coa que traballan dende fai quince anos, os suministros de material sanitario chegarán os afectados a través do Comité Internacional de la Cruz Vermella (CICR).

Cos fondos obtidos, seran enviadas farmacos e instrumental médico para os hospitais que se viron totalmente desbordados.

La Caixa - nº 2100 5731 7902 00012540

Cruz Vermella recauda fondos para axuda humanitaria en Gaza

 

k

 

Cruz Vermella Española abriu unha conta solidaria en Bancaja para recadar fondos destinados a axuda humanitaria aos damnificados do conflito bélico en Palestina. Segundo Cruz Vermella Española, a situación na que se atopa a poboación civil na franxa de Gaza é “moi grave e traumática”, con máis de 500 mortos e máis de 2.500 feridos.

 

Perante esta situación, Cruz Roja Española fixo un chamamento humanitario e pon en marcha esta campaña de captación de fondos para a compra de medicamentos e subministracións médicos destinados á poboación civil da zona.

 

Todas aquelas persoas que desexen colaborar cos afectados da catástrofe a través da conta solidaria de Cruz Roja Española poden facelo en calquera oficina de Bancaja, na conta: 2077.0014.39.3101442879

 

 

Trinta puntos irrenunciables dos dereitos humanos

 

Cumplense seis décadas dos dereitos humanos declarados pola Organización de Naciones Unidas. O seu riguroso desenvolvemento, en númerosas partes do mundo, é unha das materias fundamentais pendentes de materializar. Seres de diferentes razas, culturas, étnias ou  sexo deben ceñirse o escrupoloso cumprimento do principal reglamento universal para unha convivencia colectiva.

 

Revisa a declaración dos dereitos humanos

 

 

Sen fogar: a marxinación como condena de vida

ninos

 

 

SI, á protección dos dereitos da infancia

ninos

Un básico dereito da infancia é a protección de menores ante posibles risgos de abusos. SI, á protección dos dereitos da infancia serve como lema e adhesión a loita sen cuartel contra a pornografía infantil dos Reporteiros Galegos Solidarios. Este 20 de novembro celebrase o día universal do neno; unha oportunidade fundamental para desenvolver compromisos e actividades na procura de preservar os principios de dignidade e felicidade dos nosos cativos.



Achégate á cooperación galega 2008

A campaña de sensibilización “Achégate a Cooperación Galega 2008” emprendeu na Coruña unha andaina que levará as súas mensaxes a prol do desenvolvemento no Sur do planeta por máis de 60 poboacións de toda Galicia nos vindeiros tres meses. A plataforma dispón no seu interior dunha superficie de 70 metros cadrados onde se distribúen unha exposición gráfica de 80 imaxes, e unha sala para actividades infantís e reunións informativas, perfectamente acondicionadas.

A exposición conta con 20 paneis que amosan ao visitante dun xeito obxectivo, con testemuños persoais e gráficos, o labor desenvolvido pola Cooperación Galega na América Central, Sudamérica, Caribe e África lusófona, que son a zonas prioritarias da súa actividade.

Explícanse os principios, metas e prioridades sectoriais e xeográficas da Cooperación para o Desenvolvemento sostida pola Administración galega, xa con programas desenvolvemento integral promovidos pola Xunta de Galicia, coma os catro vixentes en América Central, Perú, República Dominicana e Guatemala; xa con proxectos propostos polos axentes da Cooperación, principalmente ONGD, pero tamén universidades, sindicatos ou empresas de economía social.



8 de setembro: día do cooperante

Reporteros Galegos Solidarios (AGARESO) súmase o máis enerxico agradecemento a todos os cooperantes que, repartidos por diferentes puntos do planeta, fan posibles o desenvolvemento de proxectos de cooperación baixo a sombra do anonimato. Cooperante é a evidente humanización de fermosas verbas como solidariedade, igualdade, equilibrio e xustiza, entre outras. Neste mes de septembro, no que se aproveita a efeméride para divulgar o máximo nivel as tarefas e labores dun cooperante nunha determinada acción social, resulta esencial regar o árbol do recoñecemento. Con esta campaña, concedemos o principal protagonismo a aquelas persoas que decidiron ocuparse de resolver os problemas alleos, por enriba de emprender un cómodo modelo de vida. Por iso, a única expresión que concentra un pensamiento colectivo é: Gracias.



Contra unha sociedade en números vermellos

Facendo uso do dato económico do 0,7%, o que están obrigadas as administracións a investir dos seus orzamentos anuais en materia de Cooperación Internacional, AGARESO aposta na súa primera campaña de información por unha cuestión que entendemos forma parte da fisolofía capital do noso colectivo: instar ás institucións públicas a destinar este porcentaxe a proxectos solidarios no Terceiro Mundo.



Volver arriba