
A asociación de Mujeres Amae intenta mellorar a vida das guineanas coa entrega de máquinas para descascar o arroz
José Augusto Mendonça(AGARESO/Guiné-Bissau).-A Asociación das Mulleres de Actividade Económica AMAE a concedido dez máquinas descascadoras de arroz para as súas asociadas na rexión de Oio de cara a mellorar a calidade de vida destas persoas.
Segundo a vicepresidente desta organización feminina, Antonia Adama Djaló en entrevista en exclusiva concedida a Agareso, estas máquinas foron adquiridas grazas á sociedade coa ONG PRESAR tras priorizar esta organización a rexión de Oio como zona de intervención.
"Pero aínda imos ir máis allas. Imos pedir máis financiamento para as asociadas doutras rexións en concreto do sur e este do país", explicou.
Adama Djaló afirmou que as mulleres asociadas a esta organización van beneficiarse así de créditos, acrecentando que xa rubricaron un acordo coa dirección deste banco para o efecto.
Engadiu, ademais, que as súas asociadas se van beneficiar igualmente de accións de formación no dominio de prevención do VIH Sida no ámbito da sociedade co Secretariado Executivo de Loita Contra este flaxelo. Adiantou que xa se puxeron en marcha tamén proxectos de formación de mulleres en Gabu e Bafata e, ampliándose no futuro a Buba no sur do país e Bula no norte.
O vicepresidente da AMAE dixo que esta organización está a contribuír enormemente ao crecemento económico de Guinea-Bissau porque a maioría das súas asociadas operan nos sectores menos profesionais. "No contexto actual de Guinea-Bissau, non é un segredo para ninguén que as mulleres son a base de moitos fogares e son elas quen sustentan as casas e coidan dos seus fillos".
Cuestionando se é doado ou non para as mulleres conseguir créditos bancarios, Adama Djaló subliñou "que non é nada doado", sustentando que en varias ocasións, os bancos esixen grandes contrapartidas ás mulleres para que se poidan beneficiar de préstamos.
"Os Bancos ás veces piden ata o embargo da casa debidamente legalizada para despois dar créditos", explicou.
Informou que as mulleres poden, non obstante, conseguir unha garantía de crédito a través do Banco Rexional de Solidariedade. Adiantou que se trata do único banco que manifestou a dispoñibilidade de apoiar as mulleres, en concreto ás que operan no sector pesqueiro.
Abordado sobre se AMAE correspondeu á expectativa que norteó na súa creación, o vicepresidente desta declarou que realmente están a conseguir os seus obxectivos porque o que pretenden é o benestar para as mulleres, acrecentando que están xogando un papel importante no desenvolvemento do país.
Informou que xa existen mulleres a administrar o seu propio diñeiro e xa non dependen dos homes. É dicir, ten as súas propias economías. "Hoxe en día moitas mulleres xa realizaron algo na vida. A título de exemplo, no ámbito da pesca, case na totalidade dispoñen das súas propias casas e cunha vida conseguida con medios propios. Tamén conseguen enviar aos seus fillos a estudar ao estranxeiro, sustentando que iso foi grazas aos esforzos da AMAE".
De acordo con Antonia Adama Djaló, moitas mulleres residentes no interior do país, xa están a desenvolver actividades comerciais propias e mesmo se desprazan a países veciños para adquirir as mercadorías que comercialidad con posterioridade.
Iso si, a organización feminista apelou ao Goberno para lograr que, coa súa influencia, os bancos comerciais pasen a dar créditos ás mulleres tendo en conta que elas normalmente pagan as débedas.